O Concello de Xove organiza actividades de conciliación familiar os días 14, 15, 16 e 21 de abril

O Concello de Xove, a través da Área de Muller e Igualdade, organiza actividades de conciliación familiar, para nenas e nenos de 3 a 10 anos de idade, durante a Semana Santa, concretamente os días 14, 15, 16 e 21 de abril de 8:45 a 14:15 horas.

Para participar hai que inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ou na sede electrónica do Concello de Xove. O prazo remata o día 31 de marzo, luns.