As actividades da Semana Santa de Mondoñedo celebraranse do 12 ao 20 de abril

O Concello de Mondoñedo anuncia que “ven de presentarse o programa e cartel da Semana Santa de Mondoñedo. As celebracións comezarán o sábado día 12 de abril co pregón e rematarán o domingo día 20 coa Misa de Resurrección”.

Tamén explica que “durante toda a semana haberá procesións e celebracións relixiosas, sendo o Venres Santo, día 18 de abril, onde se concentra o groso das celebracións”.