Eurovisión

22/01/2025

O Concello de Lourenzá, por medio da súa alcaldesa, Rocío López, felicita ao cantante laurentino Jonydasvie (Jonathan Dasilva) porque acaba de ser preseleccionado para participar no festival no que se elixe ao representante da República de San Marino en Eurovisión 2025, que se celebrará en maio en Basilea (Suiza). Está na fase previa á semifinal e participará desde A Coruña este xoves.

Jonydasvie, que xa fora preseleccionado por San Marino no ano 2023, explica os motivos polos que decidiu optar outra vez a representar a ese estado en Eurovisión: “decidín presentarme de novo xa que en España non hai oportunidade e na vez anterior tratáronme moi ben en San Marino. Ademais agora tiña creadas dúas cancións perfectas para a ocasión, envieinas e fun seleccionado de novo. Son dúas propostas moi fortes, no meu estilo, electrónico, nas cales...

leer más