Deportes
O Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza xornadas de portas abertas no pavillón de Marzán este xoves, día 5 de setembro, o martes 10 e o xoves 12 deste mes, de 17:00 a 18:00 horas.
Son para categoría benxamín, persoas nacidas nos anos 2015 e 2026, e para alevín, nacidos nos anos 2013 e 2014.
O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada paso a paso continúan co seu programa de sendeirismo con esta nova ruta o día 22 de setembro, domingo. Trátase da Ruta do Vento, de dificultade baixa e 11 quilómetros de percorrido. A saída será ás 10:00 horas dende a Praza do Concello. Ó finalizar haberá comida para todas as persoas participantes. No caso de intolerancias alimentarias deberán ser comunicadas no momento da inscrición. Dado que as prazas son limitadas a inscrición na actividade deberá ser realizada no número de teléfono 982.135.011 ata o 18 de setembro.
O alcalde de Trabada, Rubén García, sinala que "estas rutas serven para dar a coñecer o fermoso patrimonio natural de Trabada, un dos maiores atractivos do noso municipio, á vez que se promove o deporte e un estilo de vida saudable. Moitas grazas a Trabada Paso a...
leer másO Concello de Burela anuncia que este domingo, día 8 de setembro, terá lugar a proba 15K A Mariña Banco Mediolanum, desde Burela ata Foz.
Haberá tamén unha andaina e carreiras para menores de idade. A xornada terá unha fin solidaria, en favor de Buen Pastor Centro Ollos Grandes Lugo. Doarase un euro de cada inscrición a esta organización e se abrirá unha Fila 0 para quen non poida participar pero queira aportar á causa.
As inscricións atópanse abertas ata este mércores, 4 de setembro, na páxina web do evento: bancomediolanum15kseries.com
A saída da 15K e da andaina será dende o Activity Center, de Burela, comezando ás 10 horas a andaina y ás 11:00 a 15K, para percorrer...
leer másA Delegación de Deportes do Concello de Ribadeo organiza, xunto coa Federación Galega de Karate e o Club Karate Shito-Kai de Asturias e Galicia, un Curso de Kumite que se celebrará o 28 de setembro.
A actividade será impartida por Rubén Villaverde Canal, campión de España en catro ocasións en categoría individual e outras tantas por equipos. Rubén Villaverde foi ademais dez veces campión de Asturias, seis veces campión nacional do estilo Gensei ryu, subcampión de Europa Junior 98, terceiro clasificado junior 97 e campión de Europa cadete 95.
O curso desenvolverase no polideportivo de Ribadeo de 11:00 a 13:00 horas.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima aos amantes desta disciplina “a acudir a esta cita o 28 de setembro, que será impartida por todo un experto na materia...
leer másO Concello de Alfoz anuncia que a partir do 2 de setembro abrirase o prazo de inscrición para as actividades de apertura do CEIP. Este ano, o centro escolar continuará coa ampliación do horario no programa de Madrugadores, así como no horario de tarde a través das actividades de Ocio e Estudo (OES) e clases de Inglés.
Ademais, tamén se abrirán as inscricións para as Escolas Deportivas de Alfoz, nas que se ofrecerán actividades de fútbol, dirixidas especialmente a nenos e nenas en idade escolar.
“Resaltar a importancia destas actividades tanto para facilitar a conciliación das familias, como para promover unha vida saudable entre os máis novos mediante a práctica do deporte desde idades temperás” apuntan dende a área delegada de Igualdade e Deportes do Concello de Alfoz.
A primeira edición do torneo de balonmán 5x5 Concello de Viveiro celebrarase o sábado 7 e o domingo 8 de setembro no Pavillón Municipal de Viveiro, no cal participarán rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos en dúas categorías: sub 12 e sub 16.
Está organizado polo Club Balonmán Viveiro e o torneo é de participación libre. A data límite de inscrición dos equipos é o domingo 1 de setembro.
Do 16 ao 30 de setembro estará aberta a inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. En total son 12 as disciplinas ofertadas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica.
O 16 de setembro darán comezo as escolas de fútbol e bádminton. O 18 será a quenda para o baloncesto, o día 23 iniciaranse as escolas de atletismo e fútbol sala e o día 30 a de tenis de mesa.
Xa en outubro o día 1 comezarán a escolas de ximnasia rítmica e patinaxe, o 3 empezará a de hockei liña, o 4 as de tenis e natación e o 7 de outubro a de pádel.
As inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a...
leer másA Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta o domingo, 8 de setembro, para todos os afeccionados á natureza e ao sendeirismo. Nesta ocasión, será ata As Xanas, en Proaza, Asturias, para percorrer unha ruta de 8 quilómetros, de dificultade fácil e con traxecto lineal (ida e volta).
O prezo para participar é de 35 euros para os socios e 45 euros para os non socios, incluíndo o autobús, a comida e o seguro. A saída realizarase ás 8:00 da mañá dende a estación de autobuses de Burela. Recoméndase aos participantes levar bastón e calzado adecuado para garantir unha experiencia máis segura e cómoda.
As inscricións pódense realizar a través do grupo de WhatsApp da Asociación ou chamando aos números 666609875 e 676023177, antes do xoves 5 de setembro.
... leer másSerá ás seis da tarde no Campo Municipal Pepe Barrera. O Atlético Villalonga e o Real Oviedo (2 equipos de 2ª RFEF) mediranse neste trofeo organizado polo Ribadeo FC.
Desde o club local subliñan que “volve o fútbol feminino a Ribadeo, un trofeo que chegou para quedarse”.
O Concello xovense presentou o tradicional Torneo Concello de Xove de Fútbol, que terá lugar o sábado 31 de agosto ás 18:15 no Campo Municipal de Fútbol de Xove. No acto de presentación estiveron presentes Demetrio Salgueiro, alcalde do Concello de Xove, Cristina Iglesias, concelleira de Deportes, e Antonio Meitín, presidente da Unión Deportiva Xove-Lago.
Este torneo enfrontará ao equipo local UD Xove-Lago contra a UD Folgueiro, nun partido que promete emoción e competitividade. A entrada ao evento será gratuíta para todos os asistentes.
Ademais, o domingo 1 de setembro ás 19:00, tamén no Campo Municipal de Xove, disputarase un partido entre a UD Somozas e o Viveiro FC. Para este encontro, a entrada será gratuíta para os socios, mentres que os non socios deberán abonar un prezo de 10 euros.