O III Torneo de Pádel Concello de Viveiro dispútase do 11 ao 15 de setembro

Desde este mércores e ata o domingo, día 15 de setembro, disputarase o III Torneo de Pádel Concello de Viveiro. Haberá varias categorías: Primeira Masculina, Segunda Masculina, Terceira Masculina, Mixta e Feminino.

Na presentación do campionato participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o segundo tenente de alcalde, Xesús Fernández, e membros do Club de Pádel Ego de Viveiro.

 “O pádel é un deporte en auxe moi practicado por persoas por todas as idades en Viveiro”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que agradece o traballo do Club de Pádel Ego de Viveiro.