Amigos da Gaita

30/11/2024

A asociación Amigos da Gaita Galega, de Ribadeo, organiza un magosto na rúa Rodríguez Murias da vila ribadense o día 5 de decembro, xoves, a partir das 18:00 horas. Haberá castañas, chocolate e música

“Chega o frío e o corpo pide quentura. Témosche a solución! Chocolate quente , castañas asadas e uns bailiños”, anuncia Amigos da Gaita Galega.

 

06/05/2016
Este sábado, 7 de maio, celébrase no auditorio municipal de Ribadeo o V Festival Infantil de Amigos da Gaita Galega.
 
Este sábado, día 7, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadeo, celebrarase o V Festival Infantil Amigos da Gaita Galega de Ribadeo. 
 
Ademais dos anfitrións, a Asociación Amigos da Gaita Galega de Ribadeo, actuarán a Escuela de Música de Tapia de Casariego e a ACM Arume de Burela.
 
27/10/2015
A Asociación de Amigos da Gaita, de Ribadeo, organiza un concerto de Paco Nogueiras este sábado, 31 de outubro. A actividade está destinada aos máis pequenos da casa.
 
Os temas musicais do libro-cd Brinca Vai!, de Paco Nogueiras, amenizarán o Samaín dos máis pequenos o vindeiro sábado, 31 de outubro, a partir das seis e media da tarde no Cine Teatro, nunha cita que organiza a asociación Amigos da Gaita coa colaboración da Sociedade Filantrópica e do Concello de Ribadeo. O prezo das entradas é de dous euros. As familias interesadas en participar xa poden reservar as súas entradas no seguinte número de teléfono: 663 86 46 81. 
Brinca Vai! é un libro-cd editado por Kalandraka, con cancións compostas polo propio Nogueiras e ilustracións de David Pintor. Ao longo de 12 cancións, unha para cada mes do ano, Nogueiras toca un amplo abano de estilos musicais, como o techno, o rock, o folk, o reggae ou a música electrónico. O tempo do Samaín e do magosto están moi presentes entre as cancións de Brinca Vai!...
leer más