Asociación

Etiquetas:
15/05/2020

O Concello de Xove felicita á Asociación de Mulleres Bolboretas que cumpre o seu trinta aniversario despois de que se fundara oficialmente en maio  de 1990.

Esta asociación ten as súas raíces na Urbanización de Palmeiro, na localidade de Xove, onde hai corenta anos chegaron vivir moitas familias novas, procedentes de distintos puntos da xeografía española. A empresa, naqueles intres Alúmina-Aluminio, hoxe Alcoa, encargou construír vivendas cerca da factoría, para que puideran vivir os empregados e as súas familias.

Contan que comezaron as súas andaduras nun entorno novo, descoñecido e con estraños, pero pouco a pouco, aproveitando todo o que esta situación lles proporcionaba como colexio, instalacións deportivas e club social, foron organizando e participando en diferentes actividades escolares e extraescolares,...

leer más
15/05/2018

A nova asociación Hostalería de Barreiros bota a andar con 25 establecementos xa asociados.

Unha comisión xestora, integrada por seis persoas, será a encargada dos trámites de constitución coa idea de convocar máis adiante eleccións á xunta directiva.

Entre os temas tratados na xuntanza celebrada na tarde deste luns, abordáronse a necesidade de mellorar a promoción turística do concello mediante medidas como a sinalización tanto do municipio como dos servizos hostaleiros existentes, mellorar ademais a promoción e divulgación de rutas naturais, e procurar a atracción de visitantes/turistas interesados en outro tipo de oferta como a deportiva, a de natureza ou a de eventos. Neste senso, un dos obxectivos a desenvolver a realización de accións puntuais que favorezan a chegada doutros lugares.

... leer más