BTT

Etiquetas:
15/11/2024

Este domingo, 17 de novembro, terá lugar a III Marcha de BTT organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros.

Trátase dunha proba deportiva non competitiva de bicicleta de montaña que discorre por pistas e sendeiros na contorna do concello de Barreiros. A ruta pasará por puntos moi fermosos como son a fraga do Santo Estevo do Ermo, o xacemento de A Roda e subirá aos cumios de Penabor e Comado.

A saída darase ás 9:30 horas desde a pista de Pádel en San Miguel de Reinante e as e os participantes deberán cubrir unha distancia de 34 km e 1.100 metros de desnivel positivo. Segundo sinalan desde a asociación organizadora, “Ao non ser unha proba competitiva, haberá variantes ben sinalizadas nos puntos de maior dificultade para que todo o mundo poida gozar da xornada sen verse limitado pola súa destreza ou...

leer más
Etiquetas:
14/10/2024

A sétima edición da Marcha Xoviética de bicicletas todoterreo celebrarase este domingo, 20 de outubro, en Xove.

A organización corre a cargo do Club Ciclista Komando Xoviético, que explica que é unha proba deportiva “para todos os públicos e amantes do ciclismo de montaña. Trátase dunha marcha non competitiva, apta para todos os niveis”.

A entrega de dorsais e bolsa de corredor será o día da proba de 8:30 a 9:15 horas no Pavillón do Concello de Xove. A saída da proba será ás 9:30 horas, a ruta é de aproximadamente 37 quilómetros e 1.200 metros de desnivel acumulado.

As inscricións fanse a través da páxina web https://fgalegaciclismo.es/ e o prazo remata este mércores, 16 de outubro.

 

Etiquetas:
09/09/2024

Medela MTB organiza a segunda edición de Mini BTT o domingo 29 de setembro.

A prova terá lugar no Polígono de Cuiña en San Ciprián-Cervo a partir das 10:00 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse na web da Federación Galega de Ciclismo e obter máis información no facebook medelamtb.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento así como Rodabell, Cerezo Bikes e a Federación Ciclismo Galego.

 

Etiquetas:
15/09/2021

A cuarta edición da Marcha BTT Xoviética celebrarase o día 24 de outubro, domingo, no municipio de Xove.

Está organizada polo Club Ciclista Komando Xoviético, que anuncia: “despois dun ano perdido por esta pandemia a volta a normalidade empeza a achegarse. Por iso o 24 de outubro de 2021 celebraremos a IV Marcha BTT Xoviética”.

Ademais a organización explica que “para que sexa un evento seguro e poder coidar a saúde de todos os participantes temos que rexernos polo protocolo COVID-19 que actualmente nos proporciona a Federación Galega. A data de hoxe para poder participar no evento todos os participantes deberán: presentar no momento de recoller o dorsal un certificado de test de antíxenos negativo (valen dos que se fan nas farmacias) como máximo de 72 horas antes do día da marcha. Cada participante deberá ter a...

leer más
Etiquetas:
27/05/2016
La I Ruta BTT Comparsa de Alfoz se celebrará el 5 de junio. La inscripción está abierta.
 
El 5 de junio tendrá lugar la I Ruta BTT Comparsa de Alfoz.
 
La salida será a las 9:00 horas desde el Pabellón de Alfoz y el recorrido es de 30 kilómetros. Las inscripciones tienen un precio de 15 euros o 30 euros con comida al finalizar la ruta, seguro y asistencia en carretera incluído. Más información en el número de teléfono 650 43 89 17 y en eoaventura@gmail.com.
 
Organizan Comparsa Os Fandangueiros de Alfoz y EoAventura. Colaboran el Concello de Alfoz y la Diputación Provincial de Lugo.