A sexta carreira Mondoñedo Monumental disputarase o 21 de setembro

O día 21 de setembro, sábado, a partir das 18:30 horas terá lugar a sexta edición da carreira Mondoñedo Monumental, que organiza o Concello mindoniense. Todas as probas terán saída e chegada na Praza da Catedral.

A entrega de dorsais será a partir das 16:00 horas. Ás 18:30 empezará a carreira de cativos (non competitiva para nenos e nenas nacidos no 2017 e anos posteriores), nunha distancia de 200 metros. Ás 18:35 saíra a sub-10 (para nenos e nenas nacidos nos anos 2015 e 2016), cunha distancia de 950 metros. Ás 18:45 empezará a sub-12 (para nenos e nenas nacidos nos anos 2013 e 2014), nunha distancia de 1.900 metros. Ás 19:05 sairán as de sub-14 e sub16 (nenos e nenas nacidos desde o 2009 ata o 2012), cunha distancia de 2.850 metros. E ás 19:15 horas será a saída da carreira absoluta.