En San Ciprián terá lugar o 29 de setembro a II Mini BTT, que organiza Medela MTB

Medela MTB organiza a segunda edición de Mini BTT o domingo 29 de setembro.

A prova terá lugar no Polígono de Cuiña en San Ciprián-Cervo a partir das 10:00 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse na web da Federación Galega de Ciclismo e obter máis información no facebook medelamtb.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento así como Rodabell, Cerezo Bikes e a Federación Ciclismo Galego.