Teatro

20/11/2024

O actor Quico Cadaval actuará na Tarde de Contos e Outras Lerias que haberá no Teatro das Cortes, no Vicedo, este sábado, 23 de novembro. Con esta xornada, para a cal a entrada é de balde, rematará a programación deste ano.

As actividades empezarán ás 18:00 horas con “Ofrendas e diálogos co porco de pedra dos Andrade”. E ás 19:30 horas terá lugar a actuación de Quico Cadaval.

Esta xornada está organizada pola asociación cultural Volta e dálle e conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello do Vicedo.

20/11/2024

Este sábado, día 23 de novembro, na Casa de Cultura do Valadouro ás 19:00 horas terá lugar a representación da obra O auto do Castromil, de Manuel María, a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. A entrada é de balde.

O Concello do Valadouro explica que “esta peza acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espírito antroidesco”.

A obra O auto de Castromil está dirixida por Quico Cadaval e interpretada por...

leer más
Etiquetas:
19/11/2024

Mag Lari estará en Ribadeo o 15 de decembro co seu espectáculo Strafalari. Será no auditorio Hernán Naval ás 17 horas. As entradas xa están á venda en entradium.com

O seu humor, os seus números, o seu vestiario e a súa maneira de facer son as que dan nome a Strafalari. Trátase dun novo espectáculo de maxia, cargado de participación e grandes ilusións. 

Mag Lari é ilusionista desde hai 30 anos. Actuou en teatros de toda España e tamén en festivais internacionais de maxia en Francia, Portugal, Alemaña, Suiza e Xapón. No ano 2016 abriu a súa propia escola de maxia en Barcelona para formar a novos talentos. Presentou durante dúas tempadas o programa Pura Magia, de TVE; dirixiu o programa Magic for Humans, de Netflix, e o espectáculo Nada es imposible, do Mago Pop, representado en Madrid, en Barcelona e proximamente en...

leer más
Etiquetas:
19/11/2024

O grupo teatral A Adala, de Fazouro, representará a obra titulada Marina Club en Alfoz este sábado, día 23 de novembro. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

O Concello de Alfoz explica que “esta semana estaba programada a actuación do Grupo de Teatro Ardora, de Cervo, coa súa obra "Aire fresco", pero por problemas do persoal do grupo a actuación tivo que ser aprazada a outro momento. No seu lugar teremos o pracer de ter ós máis veteranos do grupo A Adala, de Fazouro, coa súa nova obra "Marina Club". Unha comedia para todos os públicos que xira entorno a un club de alterne no que a amizade entre clientela e persoal salvan a unha rapaza cunha mentira piadosa. Na trama mestúranse enganos que ocultan unha crúa realidade, amizades que salvan, mulleres que descobren a Marx, unha monxa e un negocio que dá un xiro inesperado. Aínda que a obra...

leer más
Etiquetas:
19/11/2024

A compañía de teatro Excéntricas presenta a obra titulada “O auto do Castromil” este venres, día 22 de novembro. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas con entrada libre.

O Concello de Burela anuncia que “con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso que convoca a fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galicia. O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galicia, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas...

leer más
Etiquetas:
14/11/2024

Esta fin de semana o Concello de Foz trae dúas representacións para que pequenos e maiores disfruten ao máximo o venres e o domingo.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o venres chegará a compañía Galeatro coa obra Wombo Combo, unha historia sobre a relación dos nenos cada vez máis coa tecnoloxía e o virtual é menos no real. Unha historia na que a vida mesma se nos expón nas contradicións e dificultades do hoxe. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas, para público a partir de 5 anos e gratuíta. E o domingo 17 chega a maxia da man do mago Joshua Kenneth. Na Sala Bahía ás 12:00 horas poderemos ver unha selección de imposibles, con elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. É para todos os públicos. O prezo é de 2 euros para os pequenos e de 3 euros para os adultos”....

leer más
Etiquetas:
13/11/2024

O Teatro Pastor Díaz acollerá o vindeiro sábado, 16 de novembro, La ratita presumida, de Tropos Teatro. Será ás 18 horas. A representación de monicreques está dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos. 

Sipnose:
O amor non se pode escoller. Ás veces chega e logo vaise. Ás veces queda para sempre e ás veces non o atopas nunca. Outras, telo tan preto que nin o ves. A ratita Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina atopa unha moeda e decide comprarse un lazo na mercería do seu amigo Martín. E está tan guapa que empezan a choverlle os pretendentes. O Señor Pato, Don Sapito,

Don Gato... Cal será a mellor elección? A ratita non se deixará conquistar facilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida. Unha divertidísima versión do coñecido conto tradicional repleta de cancións ...

leer más
Etiquetas:
12/11/2024

A compañía teatral Excéntricas representará a obra titulada “O auto do Castromil”, de Manuel María, este domingo, día 17 de novembro, en Ribadeo. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.

Este espectáculo, que forma parte da programación cultural do Concello de Ribadeo, está dirixido por Quico Cadaval e o elenco está formado por Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez.

12/11/2024

O grupo teatral Os Pícaros de Lagoa representarán a obra titulada “Era boa se colara!!!” este sábado, día 16 de novembro, en Alfoz. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.

Está incluída no ciclo de teatro organizado polo Concello de Alfoz, que anuncia: “os nosos veciños do Grupo de Teatro Os Pícaros de Lagoa, fundado no 2017 na parroquia de Lagoa, veñen a representar a súa obra Era boa se colara!!!, unha comedia costumista que nos trae como moralexa que a xente de aldea é moi lista”.

11/11/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá o espectáculo titulado Os Bolechas tocan nunha grande orquestra. Será este sábado, día 16 de novembro, ás 18:30 horas.

É unha actividade organizada polo Concello de Burela e incluída no programa de dinamización lingüística falaRedes.