Función

Etiquetas:
01/02/2023

O vindeiro sábado, 4 de febreiro, o grupo de teatro O Bordelo representará a súa obra “O covid do mariñán".

Será as nove da noite na Casa da Cultura. “Trátase da menciña para esquecer os males do mundo”, tal e como indican desde O Bordelo. 

Etiquetas:
04/11/2020

A Concellaría de Cultura promociona a danza contemporánea para o público xeral e para o alumnado da súa Escola Municipal de Música e Danza. Será este domingo, 8 de novembro, ás 17:30 horas no Auditorio Municipal. Sabela Domínguez e Julia Laport, da compañía Elahood, ofrecerán unha función para todos os públicos. A edil Pilar Otero anima á veciñanza a acudir a esta cita.

A concelleira de Cultura declarou que “a pesar de como condiciona a nosa vida a pandemia, e dado que o sector do lecer cultural revélase como dos máis seguros, a Concellería de Cultura de Ribadeo segue cunha programación que se mantén case nos niveis precovid. Así mantén o compromiso que a principios deste ano contraera co colectivo Cara A Unha Escea Plural que, baixo o patrocinio de Agadic, busca que a danza contemporánea teña un lugar fixo nas programacións culturais...

leer más
Etiquetas:
02/10/2017

O Concello do Valadouro a través da súa Concellería de Cultura colabora coa representación teatral que terá lugar este sábado, 7 de outubro.

O Grupo de Teatro Ribadeo porá en escena a obra O Inspector. A actuación enmárcase dentro do proxecto teatral de teatro afeccionado Buxiganga patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo.

A representación terá lugar no salón de actos do centro sociocultural, xuvenil e de terceira idade Manuel Lourenzo do Concello de O Valadouro, a partires das 20:30 horas.

O Grupo de Teatro Ribadeo estreaba a comezos do pasado ano esta adaptación da novela do dramaturgo Nikolái Gógol que narra como nunha perdida vila galega, o alcalde e os funcionarios están agardando a un inspector enviado desde a capital para investigar as corruptelas cometidas nesta...

leer más