Fotografía
Desde a Área de Igualdade a súa responsable, Begoña Sanjurjo, explica que “desde o 19 de marzo ata o 4 de abril podedes participar neste concurso e compartir a vosa visión sobre a igualdade de xénero. Buscamos fotografías que reflictan a igualdade desde calquera perspectiva: corresponsabilidade no fogar, deporte en igualdade, conciliación laboral... A vosa creatividade será a protagonista”.
A edil ribadense indica que “participar é moi sinxelo. So tedes que enviar as vosas fotografías por email a cim@ribadeo.gal poñendo como asunto: Obxectivo Igualdade 2025: Qué para ti a Igualdade? Desde esta Concellería queremos animarvos a participar e a amosar a vosa visión sobre a igualdade”.
O concurso establece os seguintes premios:
- Categoría A (12-17 anos): 250 € + Diploma....
A Oficina de Turismo do Concello de Alfoz convoca un concurso de fotografía da Estrela do Castelo de Pardo de Cela en Facebook e Instagram.
Para participar hai que seguir as contas de turismo de Alfoz en Facebook ou Instagram, comentar a publicación sobre este concurso e publicar unha fotografía da estrela do Castelo de Pardo de Cela.
“Se segues todos estes pasos tes premio asegurado e para recollelo deberedes pasar no horario de apertura da Oficina de Información Turística: venres de 15:00 a 18:30 horas; e sábados, domingos e festivos, de 10:30 a 14:00 e 15:00 a 18:30 horas”, explica o Concello de Alfoz.
O prazo para participar remata o 15 de xaneiro.
O Concello de Cervo organiza un taller de fotografía de luz negra este sábado, 23 de novembro, e unha exposición desde o día seguinte ata o 22 de decembro, domingo.
“Anímate a participar no taller de fotografía de luz negra que impartirá este próximo sábado Diana Fajardo na Casa da Cultura, dirixido tanto ás crianzas como as persoas adultas. Podes anotarte de xeito gratuíto na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57. Unha actividade que se enmarca nos actos con Motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero”, anuncia o Concello de Cervo.
O Concello de Cervo organiza un taller de fotografía o 23 de novembro e unha exposición denominada “Queremos ser libres”, que se poderá visitar na Casa da Cultura do 24 de novembro ao 22 de decembro.
Estas actividades están enmarcadas dentro dos actos polo Día Internacional da Violencia de Xénero.
O taller de fotografía de luz negra será impartido por Diana Fajardo en dúas quendas. Para nenas e nenos de 10 a 16 anos será de cinco a sete da tarde o 23 de novembro. E para persoas adultas, de máis de 17 anos, será de 19:15 a 21:15 horas. As inscricións poden facerse chamando por teléfono á Casa da Cultura: 982 59 51 57.
O visionado dos traballos e a inauguración da exposición terán lugar o 24 de novembro ás 12:00 do mediodía.
Burela acollerá esta fin de semana dous obradoiros de radio e fotografía no marco do proxecto Burela Alumea. Estas actividades terán lugar o venres 11 ás 17:00 horas na Casa da Xuventude, e o segundo, o sábado 12 tamén ás 17 horas no local da asociación A Moncloa.
O Concello de Burela explica que “no obradoiro do venres as persoas participantes aprenderán a empregar os seus dispositivos co obxectivo de sacarlles o maior proveito posible. Tamén se lles ensinará a empregar equipamento profesional para obter imaxes e pezas de audio coas que retratar a cultura mariñeira de Burela. O taller do sábado, por outra banda, será de radio e foto participativa. Nel, dirixido tanto á rapazada como á xente do mar, aprenderase a xerar contidos que se plasmarán posteriormente no molde do faro recuperado polo Concello”.
As...
leer másA Oficina de Turismo acolle ata o 3 de outubro unha exposición fotográfica da Unidade Militar de Emerxencias.
A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, contou que “hoxe inauguramos a exposición itinerante Somos Soldados, da UME, Unidade Militar de Emerxencias, na oficina de turismo de Ribadeo. É unha exposición organizada pola UME, a súa Delegación de Defensa en Lugo e o Concello de Ribadeo. Estará aberta desde hoxe ata o 3 de outubro, de martes a sábado, en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas”.
A edil ribadense explicou que “esta exposición fotográfica reproduce algunhas das actuacións máis importantes da Unidade Militar, tanto en territorio nacional como noutros países. Cada imaxe é un testimonio visual do esforzo incansable e do compromiso dos membros de UME por salvagardar a vida e o benestar dos cidadáns...
leer másO Concello de Xove convoca a terceira edición do concurso fotográfico para conmemorar o Día do Mundial do Medio Ambiente co título “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”. O prazo de recepción dos traballos rematará o venres 24 de maio de 2024 ás 00.00 horas.
O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Xove co obxecto de, mediante a imaxe e a súa reflexión, incentivar a participación cidadá na protección do medio ambiente, anuncia as bases para a participación no III Concurso Fotográfico do Día Mundial do Medio Ambiente.
Explican que “coa posta en marcha deste concurso preténdese potenciar coñecemento do medio natural do noso concello. Para a consecución deste obxectivo buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, río, xardín, árbore, pena,…) do concello de Xove. Pode...
leer másCervo acollerá a mostra fotográfica titulada “Photo xuntanza” e un curso gratuíto de fotografía no mes de maio, na Sala das Carboeiras, en Sargadelos.
Trátase dunha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola. A inauguración está prevista para o domingo 19 de maio ás 18:30 horas.
Como actividade complementaria da man da asociación Os Negativos de Viveiro, vaise impartir un curso gratuíto de fotografía o 25 de maio e o 1 de xuño, en horario de tarde. As persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse neste taller a través do teléfonos 649.03.73.00 (Ocaña) ou 647.56.83.83 (Paco).
Na mostra colectiva participarán: Fotonavia, que é unha asociación creada en Navia (Asturias); Os Potiños, que é un grupo de Carballiño (Ourense...
leer másDesde o Concello do Vicedo explican que “xa podedes desfrutar da exposición das fotografías participantes no noso concurso anual. Estarán na sala de exposicións da Casa da Cultura e poderanse ver de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 antes do 15 de setembro e de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 a partir do 16 de setembro”.
Desde el RCNR animan a participar: “participa en el I Concurso de Fotografía del Real Club Náutico y haz tu mejor foto de la Ría de Ribadeo, su entorno y las actividades náuticas y deportivas que en ella se realizan”.
Concurso destinado a socios y socias del RCNR. Máximo de 2 fotos por participante. Las fotos serán enviadas a contabilidad@cnribadeo.com, con asunto "I Concurso de fotografía RCNR" hasta el 11 de noviembre. Se valorará la originalidad y creatividad, así como la calidad de la foto. El fallo del jurado se emitirá del 13 al 19 de noviembre. Si resultas premiado tus fotos saldrán en el calendario del RCNR del 2024 y recibirás un obsequio por parte de la organización.