concurso

Etiquetas:
04/02/2015
O Concello de Lourenzá organiza un concurso de dedicatorias de amor para celebrar San Valentín a través da páxina de facebook da Biblioteca Municipal.
 
O Concello de Lourenzá organiza un concurso de dedicatorias de amor para celebrar San Valentín a través da recentemente creada páxina de facebook da biblioteca pública municipal.
O promotor desta iniciativa é o dinamizador TIC no Concello de Lourenzá, Javier Reigosa Fernández, dentro do proxecto Innova-TE 2 da Deputación de Lugo. Explicou que “no Concello de Lourenzá non había páxina de facebook propio da biblioteca, entón créamola e para fomentar o uso desta páxina convocamos vía facebook para que a xente poña no muro unhas dedicatorias con motivo de San Valentín utilizando uns personaxes típicos de Lourenzá como son os Cocos. Trátase de que os rapaces se metan na pel do Coco e lle manden unha dedicatoria á Coca e que as rapazas se metan na pel da Coca e lle manden unha...
leer más
Etiquetas:
10/11/2014
FOZ BUSCA CANDIDATOS PARA ELIXIR A RAÍÑA E O REI DO ENTROIDO 2015.

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza o seu tradicional concurso para elixir á raíña e ao rei do vindeiro Entroido 2015. Dende este organismo comunican que poderán participar na elección todos os candidatos que teñan máis de 18 anos e presenten antes do venres 21 de novembro a documentación requirida nas dependencias da Delegación de Cultura, que están na Casa do Concello. Os interesados deberán aportar unha folla acreditativa cos seus datos persoais, dúas ou máis fotografías recentes e un documento no que expliquen brevemente cales son os motivos que os levan a querer ser rei ou raíña destes festexos.

 

...

leer más
06/11/2014
A concellería de Muller e Igualdade de Burela convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII de Microrrelatos

 A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII Concurso de Microrrelatos con motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A recepción de traballos remata o 19 deste mes.

O obxectivo do IV Concurso de Lemas é “transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”, segundo explica Diana Durán. Nesta cita poderán participar todas as persoas empadroadas en Burela e cada unha pode enviar ata un máximo de 5 lemas, que deberá remitir á seguinte dirección de correo electrónico: cim@burela.org, indicando que é para o IV Concurso de Lemas e incluíndo o seu nome completo,...

leer más
31/10/2014

Bases Concurso Postais Nadal 2014 Biblioteca MunicipalO Concello de Foz organiza, a través da súa biblioteca pública municipal, e en colaboración con Radio Foz e a Oficina de Información ao Consumidor, o seu XIII Concurso de Postais de Nadal. No certame, que dende a organización destacan que é o máis antigo da comarca, poderán participar tódolos rapaces que o desexen con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

Os participantes optarán a un primeiro e a un segundo premio en cada unha das tres categorías: infantil ata 6 anos, infantil de 7 a 10 e xuvenil de 11 a 16. Tamén haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o alumno premiado. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 26 de novembro e o fallo do...

leer más