postais de Nadal
O Concello de Alfoz entrega os premios da vixésimo segunda edición do concurso de postais de Nadal e ofrece o espectáculo O Apalpador e as palabras perdidas este sábado, día 14 de decembro. Será ás 19:00 horas no salón de actos municipal e haberá un agasallo para todas as nenas e nenos asistentes.
“O Apalpador e as palabras perdidas é un espectáculo de teatro actoral, monicreques, hologramas música e moito agarimo. Un espectáculo que non deixará indiferente a ninguén e no que os xogos tradicionais e as palabras perdidas serán grandes protagonistas. Ben é sabido que O Apalpador baixa cada ano dende o Courel para traer castañas e agasallos e dende que coñeceu á nena sen medo tamén coñeceu novas palabras; palabras en galego, mais algunhas van esquecéndose mesmo para el. Un retorno ao pasado faranos lembrar. Buscaremos,...
leer másA Biblioteca Pública Municipal de Burela convida á cativada do municipio a participar na nova edición do seu Concurso de Postais Nadal 2024. O prazo para entregar os traballos na biblioteca, sen asinar e xunto a un sobre pechado cos datos da persoa participante, rematará este venres 13 de decembro ás 20:00 horas.
A postal deberá ter como tema O Nadal e ser realizada en cartolina cun tamaño aproximado de 15x21 centímetros pechada e 30x21 centímetros aberta. A técnica será libre. Poderán participar todos os nenos e nenas de Burela en idade escolar, e haberá catro categorías: Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e mais 5º e 6º de Primaria.
Os traballos serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura dende o día 23 de decembro ata o 25 de xaneiro de 2025.
A Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca o seu xa tradicional concurso de postais de Nadal. Poderá participar todo o alumnado do concello de Foz, nas tres categorías existentes: Educación Infantil, Primaria A (1°, 2° e 3°) e Primaria B (4°, 5° e 6°). Dende este luns, día 25 de novembro, poderán entregarse os traballos na propia biblioteca e recolleranse ata o día 12 de decembro ás 20.00 horas.
O tema será o Nadal, acompañado de elementos representativos de Foz, xa que a postal gañadora será a que o Concello utilice como felicitación oficial.
A técnica será libre, sempre e cando non leven elementos que sobresaian e os traballos deberán realizarase en cartolina dun tamaño de 16x11cm. Se se inclúe texto este deberá ser en galego.
“Estamos moi contentos de levar a cabo...
leer más