
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Mondoñedo anuncia: “xa se achega o Día Internacional da Muller e, como cada ano, convocamos xo noso concurso Debuxando en Igualdade para o alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza, Riotorto e Meira. Podes consultar as bases nas oficinas e nas redes sociais do CIM”.
O prazo para a presentación dos traballos está aberto ata o 7 de marzo.