A Biblioteca Pública Municipal de Burela convida á cativada do municipio a participar na nova edición do seu Concurso de Postais Nadal 2024. O prazo para entregar os traballos na biblioteca, sen asinar e xunto a un sobre pechado cos datos da persoa participante, rematará este venres 13 de decembro ás 20:00 horas.
A postal deberá ter como tema O Nadal e ser realizada en cartolina cun tamaño aproximado de 15x21 centímetros pechada e 30x21 centímetros aberta. A técnica será libre. Poderán participar todos os nenos e nenas de Burela en idade escolar, e haberá catro categorías: Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e mais 5º e 6º de Primaria.
Os traballos serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura dende o día 23 de decembro ata o 25 de xaneiro de 2025.