O XVII Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo celébrase do 29 de novembro ao 1 de decembro

Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase o habitual concurso de tapas da cidade episcopal. O evento, organizado pola hostalería de Mondoñedo, conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo.

O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse un habitual da gastronomía da provincia de Lugo dos finais de novembro, o concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, para que podas “Rematar novembro e comezar decembro tapeando en Mondoñedo! Un ano máis a hostalería da cidade episcopal ten lista unha nova edición do concurso de tapas de Mondoñedo no que combinan o produto local de primeira calidade coa creatividade da cociña mindoniense. As datas de celebración serán o venres día 29 de 20 a 23 horas, sábado 30 de novembro de 12 a 15 horas e de 20 a 23 horas e domingo 1 de decembro de 12 a 15 horas. Datas nas que se poderán degustar tapas a un prezo simbólico de 3 euros unidade e na que se sortearán premios como lotes de viño, unha noite na suite do hostal Camiño de Estrellas ou entradas á Cova do Rei Cintolo, entre aquelas persoas participantes, só con cubrir 5 selos do “Pasaporte do Gran Tapeador”, que estarán a disposición do público nos locais participantes. Nesta edición serviranse tapas dentro de concurso en A Taberna da Galiana, Bodegón A Catedral, Faragullas, O Petisco, O Porriño e O Rincón de Mondoñedo”.