Comisión
Constituíse a nova comisión do Entroido ribadense, que preside Alfonso Rodil. Nas últimas horas tivo lugar unha xuntanza no Concello á que asistiron a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o alcalde, Fernando Suárez, e a técnica de Cultura, Neves Paz.
Otero Cabarcos sinalou que “comezamos a fin de semana con boas novas. Xa temos nova comisión do Entroido en Ribadeo e, aínda que con pouca marxe de tempo, está comezando a traballar arreo para que Ribadeo disfrute dun Entroido divertido para toda a veciñanza”.
A concelleira de Cultura contou que “as persoas que forman a comisión teñen experiencia, forza e ilusión, e seguro que contarán co apoio de moita xente”. O presidente é Alfonso Rodil Veiga; a vicepresidenta, Amelia Blanco Lombardero; Juan Valle Rafols é o secretario; Mª Susana Álvarez Rodríguez é a tesoureira e...
leer másA comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo e San Roque, empezou a recoller donativos polos domicilios. Ademais anuncia que o Mercado Pirata celebrarase do 16 ao 22 de agosto no parque de San Francisco.
Os membros da asociación cultural Santa María do Campo e San Roque, colectivo que organiza as festas patronais de Ribadeo, comezaron esta semana a campaña de recollida de donativos para os festexos polos domicilios ribadenses. Solicitan a colaboración dos veciños e veciñas porque a comisión está formada por poucos membros e orzamento das festas é elevado. Ademais explican que as persoas que non estean nas súas vivendas cando pasan a solicitarlles o donativo e queiran colaborar cos festexos poden facelo poñéndose en contacto con calquera membro da comisión ou ingresalo na conta que ten o...
leer más