Cervo

Etiquetas:
08/12/2023

O Concello de Cervo convoca o certame de poesía infantil Nadal 2023. Cada autor cada autor/a pode presentar os traballos que desexe, que deberán estar escritos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; con cada un acompañarase unha folla co nome e demais datos do/a autor/a. Hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos, de 12 a 16 anos. Poden entregarse na biblioteca da Casa da Cultura ata o día 18 de decembro.

O fallo do xurado farase público en xaneiro de 2024 e os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura.

Etiquetas:
06/12/2023

A programación cultural do Concello de Cervo inclúe para esta fin de semana un espectáculo de malabares o venres, 8 de decembro, e un monólogo de Avelino González para o sábado, día 9.

O venres ás 17:30 horas terá lugar o show titulado "Cirkote, espectáculo de malabares" a cargo de Kote Malabar. Será nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración da asociación Airiños do Xunco. 

E o sábado ás 19:00 horas o actor Avelino González ofrecerá o monólogo "Contos de Contrabando" no auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián.

 

Etiquetas:
04/12/2023

O programa de conciliación familiar, dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, dará comezo o 22 de decembro e finalizará o venres 5 de xaneiro (ambos incluídos. Será de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro  non haberá actividade ao seren festivos nacionais. 

O obxectivo deste programa do Concello de Cervo é que as nais e os país poidan conciliar a súa vida laboral co coidado dos seus pequenos e pequenas. 

O prazo de inscrición remata o 15 de decembro. 

Etiquetas:
03/12/2023

O Concello de Cervo solicita colaboración da veciñanza do municipio para a elaboración dos beléns de plastilina que estarán expostos na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello, en Cervo, durante o Nadal.

A cita será o día 7 de decembro, xoves, na Casa da Cultura de San Ciprián ás 12:00 horas e na Casa do Concello, en Cervo, ás 18:00 horas.

“Contamos coa túa imaxinación e creatividade! Anímate a participar”, di a organización desta actividade.

Etiquetas:
02/12/2023

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que irá chegando nos próximos días a cada un dos fogares cervenses.

Nesta ocasión, o almanaque está protagonizado polas asociacións culturais e polos colectivos de mulleres do municipio “cuxa actividade é absolutamente esencial no día a día do muncipio”, precisou a rexedora, que cederon cadansúa instantánea para ilustrar mes a mes este almanaque tan especial.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada e o concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, mantiveron un encontro cos representantes dos diferentes colectivos no salón de plenos do Concello, para amosarlles de primeira man o resultado da recompilación fotográfica, e para entregarlles os primeiros exemplares deste...

leer más
Etiquetas:
21/11/2023

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, programa, xunto coa asociación Saúde Mental A Mariña, diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

No programa colaboran tamén a asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), Airiños do Xunco, o CEIP de Cervo, e o CEIP Península da Paz.

Así, o venres 24 de novembro, ás 12:00 horas, está prevista un concentración na Praza Nardo Martínez “pola igualdade e en contra da violencia de xénero” na que se gardará un minuto de silencio en recordo das vítimas, con lectura de manifesto a cargo dun representante do alumnado do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz, e tamén da asoc. Saúde Mental A Mariña.

A continuación,...

leer más
Etiquetas:
20/11/2023

O Concello de Cervo convoca un Concurso de Postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio. 

Os traballos terán que presentarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou no Consistorio e o prazo remata o 11 de decembro

Entre as tres postais finalistas o xurado elixirá unha coa que o Concello felicitará o Nadal a outros organismos e institucións.

O Concello de Cervo vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

As obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre...

leer más
Etiquetas:
27/10/2023

O Concello de Cervo organiza actividades de Samaín para o martes 31 de outubro e o mércores 1 de novembro.

O martes ás 19:30 horas haberá contos terroríficos da man de Ángeles Goás na actividade titulada “Caldo con unto e osos de defunto”. Será nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración da asociación Airiños do Xunco.

E o mércores a partir das 18:00 horas na Casa do Mar terá lugar unha festa infantil de Samaín, na que haberá baile de disfraces, animación musical, talleres e outras actividades.

Etiquetas:
19/10/2023

As pistas de atletismo da Veiga serán estreadas oficialmente o próximo 1 de novembro, coa I Carreira Popular Maruxaina, organizada polo Club Deportivo San Ciprián e polo Concello de Cervo.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Deportes, David Rodríguez, e por varios integrantes do Club Deportivo, na propia instalación que xa recibiu o certificado de homologación que acredita que reúne as condicións regulamentarias para a práctica do atletismo e a homologación das marcas que nela obteñan os deportistas.

As persoas interesadas en participar xa se poden inscribir a través da ligazón https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2650/i-carreira-popular-maruxaina-..., nas...

leer más
Etiquetas:
18/10/2023

O pavillón de San Román, no municipio de Cervo, acollerá un magosto este sábado, 21 de outubro, a partir das 18:00 horas. Haberá actuación dos Acordeonistas da Mariña e degustación gratuíta de castañas.
 
Está organizado pola Comunidade de Montes de San Román, que conta coa colaboración do Concello de Cervo.