Elefante Elegante representa a obra teatral “KYOKI” en Ribadeo este domingo, 26 de xaneiro

A compañía teatral Elefante Elegante representará a obra titulada KYOKI este domingo, día 26 de xaneiro, en Ribadeo. Será ás 17:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.

O Concello de Ribadeo anuncia que “Elefante Elegante trae esta marabillosa obra onde os xestos, as cores e os obxectos falan do coidado ás persoas con demencia”.

KYOKI, que significa demencia en xaponés, é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade.