O Grupo Humorístico Trípode representa a obra “A presa” en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) o 18 de xaneiro

O Grupo Humorístico Trípode representará a súa obra titulada A presa en Celeiro de Mariñaos, parroquia do concello de Barreiros, o día 18 de xaneiro, sábado.

Trípode Teatro anuncia: “convidados pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, visitaremos esta fermosa parroquia o vindeiro sábado 18 do presente mes de xaneiro para representar a nosa última obra, A presa. Será polas 20:00 horas no antiga escola da parroquia. Alí estaremos unha vez máis Melisa e Pitágoras, Pepita e Formigón, Amancio e Balbina, Greta e Bonifacio e a francesa Françoise, xunto coa nosa técnica de son Rocío. Pasaremos unha fermosa tarde de teatro en compañía de amigos. Unha boa maneira de pasalo ben xuntos. Grazas á Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos por convidarnos”.