Enerxía
A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro convida á veciñanza a participar na xornada sobre comunidades enerxéticas que terá lugar o martes 29 de outubro ás 19:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro, con acceso libre. O acto contará coas intervencións de Xosé Manuel Golpe Acuña e Paula Vila Periscal.
Xosé Manuel Golpe Acuña é enxeñeiro enerxético da Deputación da Coruña, experto en Comunidades Enerxéticas e presidente da Asociación Galega de Comunidades Enerxéticas, a AGACEN.
Paula Vila Periscal é socióloga, especialista en participación cidadá e coordinadora da Oficina de Transformación Comunitaria do Concello de Ames.
Para o venres 17 de novembro ás 19:30 horas a Fundación Galiza Sempre organiza no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro unha palestra coloquio baixo o título 'A situación enerxética galega', a cargo de tres membros do Colectivo de Debate Enerxético Bidán: Manolo Cabarcos, Quico da Silva e Fernando Branco.
A organización di que é “unha excelente oportunidade para coñecer e afondar no modelo enerxético que Galiza precisa da man de tres especialistas”.