Trabada acolle un ciclo teatral do 1 de febreiro ao 7 de xuño, con cinco representacións

O Concello de Trabada organiza un ciclo teatral con cinco obras. Empezará o día 1 de febreiro e rematará o 7 de xuño. Todas as representacións serán no Salón de Actos da Casa da Cultura ás 21:00 horas sábados.

O programa é o seguinte: o día 1 de febreiro, grupo O Centiño coa obra A morte morrida; o 1 de marzo,  A Adala de Fazouro con Unha morta moi viva; o 5 de abril, Trípode con A presa; o 3 de maio, Ardora con Aire fresco; e o 7 de xuño, O Batán con Promesas de galos.