Teatro
Este próximo sábado, 18 de novembro, O Grupo de Teatro Ardora presentará a súa obra “Aire fresco”, no auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 19:00 horas.
Trátase dunha peza teatral escrita por Francisco Piñeiro e diirixida por María Paz Rodríguez.
A representación enmárcase no Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación Provincial de Lugo.
Este sábado, 18 de novembro, continúa a programación cultural elaborada polo Concello de Barreiros coa actuación de Lilá Teatro representando a obra “Duncan de Palleiro”. Será ás 19:00 horas nos colexios vellos de San Miguel de Reinante.
Nesta obra “Duncan, o príncipe das corredoiras, non é un can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio, a de Palleiro. Alí onde vai leva consigo amizade, ledicia e unha grandísima sorpresa que non deixará ninguén indiferente”.
Está dirixida a un público infantil (maiores de 3 anos) e familiar con entrada de balde ata completar aforo.
A compañía de teatro de monicreques Trécola Producións, con máis de 40 anos de historia, levará a Burela esta divertida farsa inspirada en varias obras de Rafael Dieste
O espectáculo, para todos os públicos, será de balde e terá lugar o sábado, 18 de novembro, ás 18:00 horas nunha carpa instalada na praza da Mariña.
A cita forma parte da nova edición do Circuíto de Teatro Profesional organizado pola Deputación de Lugo, coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Burela.
O grupo teatral Pico do Castro, procedente de Foz e activo dende o ano 2014, presentará na Casa da Cultura de Burela a comedia para todos os públicos ‘As mentiras teñen os pés pequeniños’. Será este venres, 17 de novembro ás 21:00 horas.
Na obra, escrita e dirixida por Juan José Villarino, Bieito atópase sen querer en posesión dunha bota pertencente á dona do belicoso coronel Leóni, polo que terá que agudizar o enxeño para pasarlle a outro incauto a responsabilidade do asunto e ficar libre de represalias.
A representación forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado 2023, da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e a entrada para vela será de balde.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza un Sábado de Contos e outras Leiras para o 18 de novembro a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.
O promotor desta actividade e do Teatro das Cortes, o actor Xosé Penabade, anuncia: “a todo porco lle chega o seu San Martiño. O vindeiro sábado 18 tócalle ao porco dos Andrade. Faremos a "II Ofrenda teatreira ao cocho dos Andrade". E despois Paula Carballeira quedou en contar algún conto de chourizos, de porcos, non sei?”.
Será a partir das 20:30 horas. A duración prevista da obra é de 80 minutos.
No escenario un actor, unha actriz e un músico. De idades parecidas, constrúen duas personaxes dos que entran e saen permanentemente: unha parella que se acaba de separar despois dunha longa convivencia na que ambos soñaron acabar as súas vidas xunto ao outro. Teñen unha filla, que fai que esa separación non sexa tal, e que a famosa frase do rito católico adquira todo o seu vigor: “ata que a morte sepárenos”.
O actor e a actriz falarán de amor e de costume; de diñeiro, de fillos, do pasado, presente e futuro destas persoas; de soños que se fían e rompen; de amor; de verdade e mentira; de facer as cousas mal podendo facelas ben; do que o orgullo non che permite dicir; de fracaso; de aprendizaxe; de esperanza…
Ata...
leer másO Concello de Barreiros continua programando actividades culturais de outono coa obra de teatro “O menciñeiro á forza” que será representada polo grupo de teatro de Alfoz “Os pícaros de Lagoa”.
A obra é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo crego e escritor chairego Xosé Manuel Carballo Ferreiro. Trátase dun texto baseado na famosa comedia El médico a palos de Molière.
A representación teatral, que terá lugar o domingo 12 de novembro ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme, está enmarcada no circuíto de teatro afeccionado que a Vicepresidencia da Deputanción de Lugo puxo en marcha para manter o apoio ás artes escénicas así como ofrecer a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.
A compañía Teatro do Miolo, de Lugo, representará a obra Saíndo do Cerco na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, 11 de novembro, ás 20:00 horas. A entrada é gratuíta.
Saíndo do Cerco, escrita por Guillermo Cancelo, é unha comedia para todos os públicos.
O Concello de Barreiros e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo organizan un ciclo de teatro no municipio barreirense que inclúe catro representacións. Serán os días 12 e 18 de novembro e 10 e 16 de decembro.
O domingo 12 de novembro ás 19:00 horas actuará “Os pícaros de Lagoa”, de Alfoz, no centro sociocultural de San Cosme.
O sábado 18 de novembro ás 19:00h actuará o grupo “Lilá Teatro”, de Lugo, nos colexios vellos de San Miguel.
Para o domingo 10 de decembro ás 20:00 horas será a quenda de “Lume escénico”, de A Pontenova, no centro sociocultural de San Cosme.
E xa para rematar este circuíto de teatro afeccionado e profesional 2023, o sábado 16 de decembro ás 19:00 horas o grupo “Ardora”, de Cervo, actuará no centro sociocultural de Barreiros.
Mañá, 4 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Teatro Baixo a Area vai por en escena a obra Poeta en Nova York. Trátase dunha adaptación teatral da celebérrima obra de F. García Lorca. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Profesional 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Xove. Entrada libre e para todos os públicos.
Teatro Baixo da Area presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York, de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario dende a experimentación e a honestidade. O público viaxará con Lorca por un Nova York nada lonxano aos temas actuais da nosa sociedade, vinculándoos coa nosa realidade actual e recollendo a súa...
leer más