Este sábado, 18 de novembro, continúa a programación cultural elaborada polo Concello de Barreiros coa actuación de Lilá Teatro representando a obra “Duncan de Palleiro”. Será ás 19:00 horas nos colexios vellos de San Miguel de Reinante.
Nesta obra “Duncan, o príncipe das corredoiras, non é un can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio, a de Palleiro. Alí onde vai leva consigo amizade, ledicia e unha grandísima sorpresa que non deixará ninguén indiferente”.
Está dirixida a un público infantil (maiores de 3 anos) e familiar con entrada de balde ata completar aforo.