Teatro
O grupo de teatro Lume Escénico, da Pontenova, representará a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” este domingo, 10 de decembro, ás 20:00 horas no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
É unha comedia apta para todos os públicos, que está dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Cultura).
A entrada será libre e de balde ata completar aforo.
Malasombra Teatro porá en escena en Viveiro “Os Fabulosos Cleaners”. Será o 9 de decembro ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A representación está dirixida ao público infantil e familiar.
Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia.
O creador alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo de Malasombra
Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha...
leer másO grupo teatral Os Pícaros de Lagoa, de Alfoz, representará a obra “O menciñeiro á forza” este venres, 8 de decembro, ás 20:00 horas na Escola da Órrea, no municipio de Riotorto. A entrada é de balde.
É unha actividade organizada pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Cultura).
O xurado da quinta edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá -formado por Isabel Vilalba, Fina González, Javier Huertas, María Cruz Valea, Miguel Gavín, María José López e Manuel Arango- deu a coñecer os nominados nas distintas categorías de premios.
Para o premio Conde Santo á mellor representación os elixidos son: Arte, de Hipócrita Teatro; Pan con chocolate, de Ollomao; e Os veciños do lado, de Fauna 113.
En canto ao premio Lourenzo ao mellor actor: Carlos Rebolo, de Hipócrita Teatro; Juan José Villarino, de O Torques; e Pablo Rodríguez, de Fauna 113.
Para o premio Ana á mellor actriz: Noelia do Correo Vello, de Ollomao; Iris Darriba, de Fauna 113; e Bea Gea, tamén de Fauna 113.
En canto ao premio ao mellor actor de reparto: Juan de Culán, de Ollomao;...
leer másA representación terá lugar no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas. Trátase dun drama para público adulto, que terá unha duración de 95 minutos.
A función narra as sensibles e conmovedoras lembranzas dun rapaz que pasa a súa infancia na España franquista.
“Último verán en Santa Cristina”, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el...
leer másO salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo, do Valadouro, acollerá este domingo, 3 de decembro ás 19:00 horas a representación da obra “O Velorio” a cargo do grupo Borguete Teatro, de Vilalba. É unha actividade con entrada de balde, incluída no Circuíto de teatro afeccionado 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
É unha adaptación da obra “Os cravos de prata”, de Nicolás Belá, dirixida por Guillermo Cancedo. A sinopse é: “Pat O'Connor é un terratenente enfermo que, nos seus aparentes derradeiros días de vida, planifica o seu propio velorio por todo o alto, sen ter en conta que tamaño estipendio podería supoñer o endebedamento da súa familia, a cal non está pola labor, e que desencadeará unha serie de situacións de difícil solución”.
Este domingo, 3 de decembro ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo a compañía Lilá Teatro representará a obra "Cachopo Máxico", que é para todos os públicos e con entrada de balde. Esta actividade, organizada pola Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo, encádrase dentro do Circuíto de Teatro Profesional 2023 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O argumento da obra é o seguinte: “nunha pequena porción de terra, enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno e estar perdido entre as brétemas do esquecemento, pode divisarse unha casiña humilde e fermosa que nunca deixa de saír fume pola súa torta cheminea. Alí viven os Palpatore, unha familia singular porque coma ela non hai outra igual. Coa chegada do Nadal a casa Palpatore comeza a ferver, toca traballar sen descanso durante un mes e non están...
leer másO grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra de "O traballo de Andrea" nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante o venres 1 de decembro ás 21 horas e o sábado 2 de decembro ás 19 horas.
Ollomao explica que “as persoas que teñen entradas para as funcións desta obra que foron canceladas poderán usar as mesmas, mais agradecemos que nos fagan saber que día van acudir para organizar o aforo do local”.
O teléfono de contacto para novas reservas ou calquera outra dúbida sobre estas representacións é o 678.546.526 (Marisa).
O venres, día 24, será tempo para o teatro afeccionado do Bordelo, que porá en escena O covid do mariñán, con entrada de balde ata completar aforo. A función dará comezo ás 20:30 horas. Trátase dunha comedia. Para todos os públicos.
Sinopse: A causa da pandemia, o protagonista desta historia desapareceu durante dous anos, retornando desorientado ante o asombro da veciñanza. A nova concepción de vida que trae consigo aposta por resolver os problemas da sociedade con novos enfoques e valores que os demais non acertan a comprender. O conflito entre un e outros leva á reflexión, saíndo a relucir verdades que queiman e asfixian á colectividade. Esta comedia ten a intención de activar os valores que dun tempo a esta parte foron perdendo o seu lugar na civilización. Porque para acadar o que se quere, non todo vale.
E o...
leer másO vindeiro sábado, 18 de novembro, ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o Grupo de Teatro do Hula representará “Asasinato na tenda de roupa”.
O grupo de teatro comezou a súa andaina alá polo ano 1993. En principio as súas actuacións transmitíanse polo circuíto pechado do antigo Hospital Xeral para contribuír a humanizar a convalecencia dos enfermos. Co tempo as representacións comezaron a facerse en aberto, contando coa asistencia do público que acudía ao salón de actos do propio hospital.
Sinopse: Dona Katiusca ten unha tenda de roupa, que dirixe cunha actitude claramente tiránica. Na vida desta muller agóchanse unha chea de maldades e trampulladas. Un día calquera, a tenda énchese de clientas. Todo transcorre con normalidade ata que se descobren varios cadáveres. A situación complícanse...
leer más