Teatro

Etiquetas:
03/11/2023

Mañá, 4 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Teatro Baixo a Area  vai por en escena  a obra Poeta en Nova York. Trátase dunha adaptación teatral da celebérrima obra de F. García Lorca. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Profesional 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Xove. Entrada libre e para todos os públicos.

Teatro Baixo da Area presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York, de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario dende a experimentación e a honestidade. O público viaxará con Lorca por un Nova York nada lonxano aos temas actuais da nosa sociedade, vinculándoos coa nosa realidade actual e recollendo a súa...

leer más
Etiquetas:
30/10/2023

Caramuxo Teatro chega a Viveiro o 4 de novembro co Crisálida. Será ás 18:00 horas no Pastor Díaz. Trátase dun espectáculo para todos os públicos

Desde a organización subliñan que “está clasificado coma función para maiores de 6 anos, pero realmente é un espectáculo para todos os públicos, non  o perdades”.

Crisálida é o espectáculo número 25 de Caramuxo Teatro, co que cumpren 20 anos de traxectoria. “Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias”, explican desde esta compañía.

Crisálida é un espectáculo que quere poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. A importancia da existencia de eses espazos...

leer más
Etiquetas:
29/10/2023

O Concello de Alfoz organiza o Mes do Teatro, que inclúe representacións todos os sábados de novembro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, con entrada de bale.

O 4 de novembro Rebuldeira Teatro presenta "Cita previa: historias disparatadas na consulta médica", dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Área de Cultura, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través do cal tamén ofrecerán o sábado 11 ao Colectivo Cultural Ollomao con "Pan con chocolate". O sábado 18 o Grupo de Teatro do Hospital de Lugo (HULA) representará a comedia "Asasinato na tenda de roupa" e o sábado 25 rematará o ciclo con "Vivan os noivos", de A Adala, ambas subvencionadas polo Concello de Alfoz, a través da Área de Cultura.

Etiquetas:
29/10/2023

O Mago Teto presenta o seu espectáculo titulado Rock ‘n’ Magic, que inclúe música en directo a cargo de Mister Cool e Fer Risco, na Casa de Cultura de Burela o sábado 4 de novembro ás 19:00 horas.

Esta actividade, incluída na programación cultural do Concello de Burela, é un show para público familiar e o prezo da entrada é de 3 euros.

 

Etiquetas:
28/10/2023

O vindeiro sábado, 4 de novembro, continúan ao igual que nos anos anteriores todos os primeiros sábados de mes, as representacións teatrais na Casa da Cultura. A programación está organizada polo Concello de Trabada.
 
O grupo de teatro Ardora representará ás 21:00 horas a obra "Aire Fresco". Esta será a primeira das 8 obras de teatro programadas no marco deste ciclo ata o vindeiro mes de xuño co fin de achegar á cultura aos veciños e veciñas ademais de colaborar con grupos de teatro da comarca.

 

Etiquetas:
25/10/2023

A XX Mostra de Teatro Daniel Cortezón celebrarase do 27 ao 29 de outubro no auditorio municipal de Ribadeo. O evento foi presentado pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e pola viúva do dramaturgo ribadense, Mati González. 

A edil ribadense contou que “esta fin de semana (venres, sábado e domingo) terá lugar ás 20.00 horas no auditorio municipal a XX edición da Mostra de Teatro afeccionado, que leva o nome do insigne autor teatral ribadense Daniel Cortezón”.

Sanjurjo explicou que “desta vez dous grupos veñen de fóra da Mariña, un de Narón e outro de Pontevedra e o terceiro é veciño noso de Barreiros. Comezamos coa formación pontevedresa Avelaíña Teatro, que pon en escena este venres Almas na Gloria: don Paco, con texto de Manolo Ayán e dirección de Antonio Simón. Esta é unha historia vinculada ao autor...

leer más
Etiquetas:
25/10/2023

A asociación cultural Vota e Dálle organiza unha xornada de memoria histórica este domingo, 29 de outubro, no Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo).

As actividades comezarán ás 16:30 horas cunha conferencia titulada “Sobre guerrilleiras silenciadas na Mariña”, a cargo da escritora e investigadora Aurora Marco. Ás 18:30 o grupo de teatro Os Quinquilláns representará a obra “A señora de Forcadela” e ás 20:00 horas actuarán o grupo musical A Quenlla.

 

Etiquetas:
25/10/2023

Nova Escena Galega representará a comedia “A tortilla e a peste” o 28 de outubro  no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, ás 20:30 horas. 

Catro mulleres e un home contan a súa experiencia durante o confinamento. A privación de contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados á realidade a través do finísimo fío da tecnoloxía. 

 

Etiquetas:
25/10/2023

Avelaíña Teatro presenta a obra 'Almas na Gloria: Don Paco' na Casa da Cultura de Burela este domingo, día 29 de outubro. O espectáculo comezará ás 19:00 horas e a entrada é gratuíta.

A obra trata como Francisco Fernández del Riego -Don Paco- e outras destacadas figuras da cultura galega rememoran a traxectoria do primeiro con motivo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas 2023. Os protagonistas da obra lembran a mocidade de Del Riego no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista, o drama do golpe de Estado, o nacemento da Editorial Galaxia ou a creación do Día das Letras en 1963.

24/10/2023

O día 4 de novembro, sábado, ás 20:00 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o sábado 4 de novembro dará comezo o V Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abrirá o concurso o grupo Hipócrita Teatro, de Lugo, coa obra Arte, e rematará o 16 de decembro coa gala de entrega de premios, que incluirá a representación da obra Anacos, de Ítaca Teatro”.

As seguintes representacións do certame serán os días 5, 10, 11, 17, 19, 25 e 26 de novembro e correrán a cargo das compañías Ollomao, de Barreiros; O Torques, de Burela; Alxén, de Salvaterra; Anómico, de Vigo; Carauta, de Santiago; Fauna 113, de Vigo; e Coles, desa localidade da provincia de Ourense.