Teatro
A compañía Producións Teatrais A Xanela do maxín presenta o seu espectáculo Toupiciencia o sábado 21 de outubro ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz, dentro do programa Ler Conta Moito.
O Concello de Alfoz explica que “é un espectáculo dirixido a todos os públicos no que a Toupiña e o seu axudante, Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento”.
Ademais ese mesmo día haberá un obradoiro de experimentos na Biblioteca Municipal de...
leer másO Concello de Cervo organiza unha nova edición do obradoiro de teatro Pimpín, que dará comezo en novembro. Está dirixido ás crianzas de 6 a 12 anos. Terá lugar os martes e os xoves de 18 a 19 horas na Casa da Cultura en San Ciprián, onde se poderán realizar as inscricións.
Desde o Concello sinalan que “levamos moitos anos apostando polo teatro para as crianzas, como ferramenta pedagóxica para o seu desenvolvemento integral nesta etapa na que comezan a construír a súa propia personalidade. O teatro é unha disciplina moi completa que lles axuda a socializar, mellora a súa concentración, e tamén potencia as súas habilidades comunicativas e a súa autoestima; entre outros moitos beneficios”.
A representación terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
Sipnose: Din que o corazón de Ana é un dormitorio baleiro. Nico quere tatuarse o seu. Están atrapados nun ascensor e pasarán de ser descoñecidos a amigos. Isto pasou fai tres anos, pero viaxando ao pasado, viviremos no presente o que nos veñan a contar. O amor, o sexo, a soidade e os prexuízos da xente serán os temas para tratar. O xornalista con parálise cerebral e a vendedora de caramelos que anda sumida en contradicións, explicarán sen complexo algún as súas vivencias afectivo sexuais para demostrar que cada un de nós, coa súa parálise particular, temos diferentes medos, soños e ilusións. Unha historia de dous amigos, unha historia de crecemento persoal tinguida de humor e dor a partes iguais.
O prezo das entradas será de 5 euros. E de 3 para...
leer másO grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta Pan con Chocolate, unha das novas obras que ten preparadas para este outono. As representación serán no local dos colexios vellos de San Miguel de Reinante o mércores 11 de outubro ás 20:30 horas e o xoves 12 ás 19:00 horas.
As entradas están á venda nos bares Moderno e Miramar, en San Cosme de Barreiros; no hotel restaurante Rías Altas, en San Pedro de Benquerencia; e en San Miguel de Reinante poden mercarse no supermercado e no bar A Dulcería.
A Casa da Cultura de Burela, como parte do programa Ler Conta Moito, albergará un espectáculo do contacontos Caxoto e a súa compañía A Trastenda dos Contos titulado ‘Miña terra meu lar (contos ambientais)’.
Dirixido a un público infantil e familiar, trata a importancia do medio ambiente dun xeito lúdico e musical.
Será ás 18:00 horas deste sábado, 7 de outubro, con entrada de balde
O mago Paco presentará o seu espectáculo Hocus Pocus no salón de actos da Casa da Cultura do Valaduro este sábado, 7 de outubro, ás 20:00 horas con entrada de balde.
É un espectáculo de maxia cómica incluído no programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
O Concello do Valadouro anuncia que “Hocus Pocus é un espectáculo versátil, aberto e adaptado a calquera espazo de representación. Está guiado por unha peculiar personaxe, O mago Paco, que fai de cada xogo un momento diferente, no que @s nen@s son os verdadeiros protagonistas, creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aloucado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas”.
O vindeiro luns, 9 de outubro, ás 10:30 horas, a Delegación de Cultura de Alfoz ten programada a actuación de Charo Pita na Escola Infantil Galiña Azul.
Coma todos os anos trátase dunha actividade dirixida aos máis pequenos e ás súas familias dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
“Porco, porquiño ensíname o camiño”, é o título do contacontos que ofrecerá Charo Pita.
Camiño Escena Norte, o proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participan compañías teatro, danza e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega esta fin de semana a Melide e Ribadeo cunha dobre función do espectáculo Lear en las catedrales, unha peza de Ábrego Producciones. Ao finalizar as dúas representacións, os membros da compañía cántabra participarán nun encontro co público asistente.
A montaxe de Lear en las catedrales está atravesada polo poema Lear en el claustro, de José Hierro, e reflicte a decadencia dun rei despoxado de todo e que implora ser amado pola súa filla Cordelia. A obra avanza armando o crebacabezas dunha memoria que tende a esvaecerse no esquecemento, engadindo capas, unhas feitas de realidade e vivencias da actriz e outras feitas de ficción, a das personaxes...
leer másDentro do Circuíto de Teatro Profesional da Provincia de Lugo 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Ítaca Teatro, con Elea López e Carlos Rebolo, representan a obra titulada ‘Cinco minutos sen respirar’. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro este sábado, 30 de setembro de 2023, ás 20:00 horas con entrada de balde. É unha representación que se recomenda para público adulto.
‘Cinco minutos sen respirar’, de Gustavo Ott, fala “da vida, dos abusos bancarios, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas que non dá tempo a resumilas en cinco minutos...”.
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro infantil e xuvenil. A presentación da actividade e xornadas de portas abertas para as persoas que queiran probar será este sábado, 23 de setembro ás 16:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel.
Os organizadores anuncian: “tras o comezo do curso escolar chega o noso obradoiro de teatro infantil e xuvenil. Destinado a todas e todos os nenos e rapaces, o sábado 23 de setembro faremos unha xornada de portas abertas para que todas e todos os que sintades interese ou gañas de probar a ser actrices e actores o poidades facer sen ningún compromiso. Esperámosvos a todas e todos as 16:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante”.