Teatro Ardora representará “Aire fresco” o 18 de novembro en San Ciprián

Este próximo sábado, 18 de novembro, O Grupo de Teatro Ardora presentará a súa obra “Aire fresco”, no auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 19:00 horas.
 
Trátase dunha peza teatral escrita por Francisco Piñeiro e diirixida por María Paz Rodríguez.

A representación enmárcase no Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación Provincial de Lugo.