Exposiciones
O Concello de Alfoz organiza a exposición do I Concurso de Fotografía Alfoz no outono, que acollerá o Castelo de Castro de Ouro, a partir do vindeiro domingo, 27 de decembro. Todas as instantáneas presentadas estarán na sala 2.
O horario de apertura é de 12:00 a 19:00 horas, os sábados, domingos e festivos. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non estará aberto.
A Deputación de Lugo colabora na organización deste evento.
As actividades da sexta edición do VI Festival de Jazz e Blues de Ribadeo comezarán mañá, venres, coa inauguración da exposición fotográfica de Cris Andina, ribadense especialista en fotografar artistas de teatro e músicos. O acto será ás 19:00 horas e ademais da propia Cris Andina intervirá a concelleira de Cultura, Pilar Otero.
Este domingo, día 6, terá lugar o primeiro concerto do festival, a cargo do grupo Travellin´ Brothers, banda bilbaína considerada unha das mellores de Europa. Nos seus 15 anos de historia leva gravados 8 discos e máis de 1.000 concertos en xiras nacionais, europeas e en USA.
O martes 8 actuará Sumrrá, que é o trío máis representativo do jazz galego contemporáneo, leva case vinte anos nos máis variados escenarios do mundo enteiro e conta con seis discos no mercado.
... leer másA Casa da Cultura de San Ciprián acolleu esta mañá a inauguración dunha mostra pioneira de artesanía obra da Asociación A Mariña, enmarcada no proxecto a Aula do Mar inclusiva, a primeira destas características na Comunidade Galega.
Pódese visitar ata o 18 de decembro, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas respectando sempre as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares e as edís de Servizos Sociais e de Cultura, Pilar Armada e Dolores García Caramés, respectivamente, ademais da directora da Asociación, María José Nóvoa, o Presidente da mesma, Jorge Manchado, e representantes do GALP A Mariña-Ortegal.
O rexedor quixo felicitar a toda a familia da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña por "este novo e enriquecedor...
leer másDesde hoxe e ata o 22 de novembro a Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición promovida polo colectivo Egeria "Carvalho Calero en Lugo, Don Ricardo de Fingoi", na que se lembran uns anos intensos na vida de Carvalho Calero: traballou no Colexio Fingoi, en Lugo, pero asemade leu a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a escribir a Historia da Literatura Galega Contemporánea, unha das súas obras máis coñecidas.
A exposición, composta de 12 paneis, ten carácter itinerante. Instalouse primeiro e Lugo, e despois ao longo deste ano en vilas de toda a provincia. A Ribadeo chegou procedente de A Fonsagrada e desde aquí partirá para Triacastela.
Ao acto de inauguración asistiron o presidente de Egeria, Xulio Xiz; Margarita Cela Carvalho, unha das netas de Carvalho Calero que traballa en...
leer másMañá, 13 de novembro, terá lugar a reapertura da exposición do fotógrafo galego Julio Noche, titulada Luces e Sombras, que estará na Casa da Cultura de Burela ata o 30 de novembro.
Esta mostra abriu inicialmente ao público o pasado día 29 de febreiro, pero tivo que pechar aos poucos días despois debido á pandemia de covid, segundo informa a Concellería de Cultura de Burela.
Luces e Sombras é unha colección de máis de vinte fotografías que reflicten unha persoal busca da luz, desde as tebras. O autor non ilumina a escena senón que a escena o ilumina a el e, no último termo, ao espectador. As imaxes mostran estados de ánimo, momentos contemplativos de beleza ou de reflexión, e xogos co abstracto buscando novos estímulos.
Julio Noche utiliza, nesta ocasión, a fotografía como terapia da alma...
leer másFoi inaugurada hoxe na Casa da Concello de Lourenzá a mostra itinerante O fin do camiño, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo. No acto participaron Rocío López, alcaldesa de Lourenzá, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.
Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés para xeral comprensión, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos, e así a súa programación inclúe numerosos puntos dos Camiños de Santiago, comezando polos fitos do Camiño Francés en Galicia. As fotografías son de dous importantes fotógrafos galegos –Eduardo Ochoa e Carlos Puga- que reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que se destacan os detalles máis...
leer másO Concello de Viveiro acollerá esta semana a exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, dedicada a Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.
Esta mostra, composta por 13 paneis, poderá visitarse na sala de exposicións da biblioteca municipal do 2 ao 7 de novembro. Organizada polo Colectivo Egeria, reflicte as “pegadas de Carballo Calero en Lugo”, onde permaneceu quince anos (1950-1965) e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita.
No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a publicación da súa monumental Historia da Literatura Galega contemporánea.
A inauguración da exposición, na que estará a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e...
leer másDesde a Concellería de Normalización Lingüística sinalan que “foron quince anos os que D. Ricardo Carvalho Calero residiu en Lugo, se ben antes, e especialmente despois, tivo importante relación coa cidade. Foron 30 anos dende o seu pasamento para que finalmente a RAG decidira adicarlle un merecidísimo día das Letras Galegas. E cando por fin se lle dedica a agardada homenaxe, aparece a pandemia adiandose mesmo a celebración das Letras Galegas. Pero sen esquecer o moito que se lle debe, a Concellería de Normalización Lingüística de Foz coa colaboración do Colectivo Egeria de Lugo, faise voceiro de ducias de crianzas da súa etapa lucense para destacar o seu vencello coa cidade, e o impacto que Lugo e as súas xentes produciron no profesor e escritor. Tamén em Foz com residencia estival durante anos”.
E seguen a relatar: “nado en Ferrol en...
leer másA asociación A Concordia, de Ribadeo, organiza unha exposición antolóxica dos debuxos e gravados de Amando Suárez Couto (1894-1981), que foi destacado artista e animador cultural ribadense do século XX.
Amando Suárez Couto, entre outras actividades nas que colaborou sempre desinteresadamente, foi fundador do fútbol ribadense en 1913, e da Biblioteca Popular Circulante en 1927. Nos anos vinte colaborou no movemento galeguista con debuxos en La Comarca, Ronsel e Céltiga. En 1933 en Madrid fai os gravados para o Ribadeo Antiguo, de Francisco Lanza, dos que unha parte se amosan na exposición. De volta a Ribadeo exerce como profesor no Colexio Santo Tomás de Aquino. Co seu irmán Carlos nos anos corenta impulsan a Xira de Santa Cruz e nos anos sesenta fundan o grupo de gaiteiras Saudade. Colabora con Carlos Álvarez Fernández Cid na fundación da...
leer másACISA Ribadeo presentará as denominacións Vila Mariñeira de Rinlo e Barrio Mariñeiro de Porcillán co fin de promocionar eses lugares e levar a cabo actividades propias para eles. A primeira será unha exposición fotográfica que será inaugurada nos vindeiros días.
A asociación cumpre así co compromiso adquirido por parte da súa executiva e da xerencia na asemblea xeral celebrada o pasado mes de xaneiro que, a pesares da actual situación, puido sacar adiante coa colaboración da Xunta de Galicia.
ACISA Ribadeo presentou hoxe estas dúas novas denominacións: Vila Mariñeira de Rinlo e Barrio Mariñeiro de Porcillán. Con estas marcas, a patronal ribadense busca potenciar a imaxe turística de ambos lugares, poñendo en valor a súa gastronomía, a súa contorna e as súas opcións de ocio.
O presidente...
leer más