Exposiciones
A axenda cultural de Ribadeo para estes días inclúe unha exposición da ilustradora local Mónica Justo, que dará comezo o venres, 13 de setembro, e un espectáculo para os máis pequenos o domingo 15. Ademais están á venda as entradas para o espectáculo que El Brujo presentará, no auditorio municipal, o día 29 de setembro.
Este venres, 13 de setembro, inaugúrase unha exposición da ilustradora ribadense Mónica Justo. A mostra permanecerá aberta na antiga Oficina de Turismo, no parque San Francisco, ata o vindeiro día 23 deste mes. O horario de visitas será de 19:00 a 21:00 horas de luns a venres; de 12:30 a 14:00 horas e de 19:30 a 21:30 horas, os sábados; e de 12:30 a 14:00 horas, os domingos.
Ademais, dentro do proxecto Apego o grupo Musicreques presentará O Quebranoces para bebés. Trátase dunha proposta de conto...
leer másA Casa da Cultura de Burela acolle este venres, 6 de setembro, a inauguración da mostra de pintura de Carmen Prado titulada Novos Personaxes.
A forma e a composición son a tarxeta de presentación de Carmen Prado, pero tamén as súas aterciopeladas mesturas de cor xunto coas súas liñas suaves e sinuosas. A súa pintura é fresca e colorista, chea de ideas e sentimentos.
Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición, alguén que atopa na pintura a súa forma máis básica e elemental de expresarse, e de expandir o seu mundo a través das imaxes que lle saen da observación do mundo cotidiano.
A exposición poderá visitarse ata o 27 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas e 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres.
O concello de Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro a exposición O Camiño por Mar que organiza a Asociación do Patrimonio Industrial de Galicia, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinanción en bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
Co fin de difundir e poñer en valor o Camiño por Mar, Buxa organiza esta exposición dirixida a todos os públicos que poderá visitarse na Sala de Exposicións do concello entre as 17.00 e as 20.00 horas. A través de grandes láminas con textos e ilustracións, descríbese a historia da peregrinación en bote desde Dublín así como do tráxico final que aconteceu na desembocadura do río Miño ademáis de contemplar algúns dos aspectos máis salientables das relacións entre Galicia e Irlanda...
leer másA exposición de fotografía submarina Ribadeo, o que a ría esconde, que ocupou as salas do forte de San Damián desde o 3 ata o 18 de agosto de 2019, trasladouse á sala de exposicións do Real Club Náutico de Ribadeo, onde permanecerá ata o 15 de setembro en horario de apertura das instalacións do Club.
Pilar Otero, a concelleira de Cultura, explica que “este traslado vén motivado polo enorme éxito acadado, xa que cerca de 3.000 persoas puideron gozar desta primeira exposición fotográfica de temática de patrimonio cultural subacuático galego, neste caso da ría de Ribadeo, e co ánimo de responder á grande demanda do público”.
A edil ribadense di: “desde o Concello de Ribadeo convidamos a seguir visitando nas instalacións do Club Náutico esta mostra que destaca polo seu valor histórico-arqueolóxico e que nos amosa a...
leer másEste domingo abre en Xove unha interesantísima exposición de modalismo naval. Conformada por 15 barcos de distintas clases e épocas, trátase dun traballo realmente exquisito, froito do talento e de moita paciencia, xa que esta é unha clase de actividade que require moito esforzo e maña, posto que moitas das pezas que conforman os barcos teñen un tamaño mínimo, e deben ser reproducidas coa maior fidelidade posible.
O autor das maquetas é o celeirense Severino Balseiro, que expón por primeira vez en Xove o seu interesantísmo traballo.
Severino, nado en Celeiro en 1955, adícase a esta actividade dende o ano 2000, adicándolle entre 2 e 8 horas diarias a esta actividade. Lóxicamente, trátase dun hobby; Severino está retirado e non cobra por esta actividade. As maquetas son da súa propiedade e non están en venta. Son...
leer másDo 3 ao 18 de agosto estará aberta no Forte de San Damián a exposición Ribadeo, o que a ría esconde. Trátase dunha mostra de 50 fotografías dos restos arqueolóxicos localizados polo Club de Actividades Subacuáticas Illa Pancha. Mañá, sábado, pola tarde será a inauguración. Haberá antes unha charla, a proxección dun documental e unha visita guiada. Colaboran coa organización da exposición, que foi presentada hoxe, o Concello de Ribadeo e Acisa.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, manifestou que “presentamos a exposición de fotografía submarina Ribadeo, o que a ría esconde, que vai ocupar as salas do Forte San Damián ata o 18 de agosto e que mañá, sábado, inauguraremos ás seis e media da tarde. Como dicimos, a exposición dura ata o 18 deste mes de agosto, mais recomendamos a asistencia á charla que mañá, antes da inauguración, ás 17.30,...
leer másA exposición "Naufraxio da fragata Magdalena 1810. Variacións creativas 2019" de José Luis Neira Brochs estará no Cenima, de Foz, ata o 16 de agosto.
Trátase dunha mostra, composta por 64 obras, sobre a traxedia da chamada Expedición Cántabra que deixou na praia de Covas, en Viveiro, unha morea de náufragos.
O artista viveirense Neira Brochs reflicte nesta exposición, a través da súa alma mariñeira, aquel tráxico suceso coa carga que vai adquirindo co paso do tempo.
El Complejo RegalXunqueira, en Viveiro, acogerá del 1 de agosto al 30 de septiembre la exposición "Conectoma jocoso" de Ángel Aragonés.
Hasta ahora, el único conectoma completo que ha sido determinado es el de nuestro viejo amigo el nemátodo Caenorhabditis elegans el gusano que, con sólo 302 neuronas, es uno de los organismos modelo más simples con un sistema nervioso.
El impacto del HCP sobre la neurociencia será importantísimo, similar al Proyecto Genoma Humano. De hecho, habrá un antes y un después del HCP.
LO JOCOSO
Con este adjetivo denomino esta serie de trabajos que relaciono de forma “oportunista” con el gran esfuerzo científico.
LOS TRABAJOS
Una buena cartulina impecable, blanca como una tersa nevada cubre mis mesas de trabajo. Mientras mantengo conversaciones...
Juan Manuel Ponte Juanel presenta unha exposición de debuxos no Cenima de Foz.
A mostra está composta por unha serie de 25 obras realizadas a carboncillo e lápices de cores. A temática elixida polo artista ribadense, afincado en Foz, son paisaxes galegos e instantáneas do Foz antigo, moitas delas relacionadas co mar.
A exposición pode visitarse ata o día 30 de xullo en horario de 19:30 a 22:00.