O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro congratúlanse de comunicar que o Museo conta cunha nova vitrina grazas á colaboración de César Cunqueiro González-Seco, fillo de Álvaro Cunqueiro, que cedeu novo material que foi propiedade do escritor mindoniense a quen está adicada a Casa – Museo.
O novo material que xa está exposto consiste en:
-O anel de Álvaro Cunqueiro polo título “Doutor Honoris Causa” concedido pola USC (1980)
-A medalla da concesión do Pedrón de Ouro a Álvaro Cunqueiro (1980)
-Unha figura de trotador medieval con zanfona correspondente ao Premio da Crítica – Galicia 1979 de Creación Literaria.
-A petaca para puros de Álvaro Cunqueiro
-A carteira coas letras “A” e “C” entrelazadas na parte dianteira representando a súas iniciais de Álvaro Cunqueiro.
-O catador de viños de Álvaro Cunqueiro.
-Unha bola de neve de Carcasone da colección persoal do autor.
-O prato conmemorativo do 4º Premio Literario “Ánxel Fole” de Lugo do ano 1990 coa efixie de Álvaro Cunqueiro.
-O petador do domicilio de Álvaro Cunqueiro en Vigo
Ademais diso conta con tres novos cadros colocados tamén no museo e cedidos por César Cunqueiro: Unha carta enmarcada entre Álvaro Cunqueiro e Vicente Risco; unha fotografía de Dna. Elvira (dona de Álvaro Cunqueiro); un poema orixinal adicado a de Uxío Novoneira, asinado polo autor.
O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro queren agradecer a César Cunqueiro esta inestimable colaboración. O Museo, coas novas normas en vigor, é visitable baixo protocolo anti-Cóvid. As visitas poden ser de martes a domingo entre as 10h e as 14h e as 16h e 19 horas. O contacto para a visita, polo relativo ao control de aforos, é a Oficina de Turismo de Mondoñedo que se sitúa na mesma praza da Catedral onde está o Museo ou ben contactando a través do teléfono 982 50 71 77