Exposiciones
Desde hoxe, día 1, ata o luns 14 de xuño pode visitarse na oficina de turismo ribadense a exposición Elas tamén soan. Ribadeo: Música en feminino. É un traballo do colexio Sagrado Corazón que está aberto ao público de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
A coordinadora do proxecto é a xefa de estudos do centro, Begoña Sanjurjo, quen explica que se trata “dun traballo levado a cabo baixo a dirección de Carmen Rodríguez Cancelo polo alumnado de 4º ESO do Sagrado Corazón no curso 2018-19. O deseño e a maquetación dixital foi feita por Carme Rodríguez Rodríguez. Era para expoñer o ano pasado pero a situación sanitaria non nolo permitiu”.
Begoña Sanjurjo engade que “este traballo mostra o papel das mulleres na música como compositoras ou intérpretes, papel moitas veces invisible polo simple feito de ser mulleres. A través de once...
leer másCoincidindo co Día de África, vén de instalarse na Praza do Concello a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Xove. A mostra ofrecerá ata o 27 de xuño unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.
A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde...
leer másO Espazo Caritel aposta por normalizar o día a día. Dende a pasada semana está aberto con dúas visitas diarias, sempre guiadas, no seguinte horario: de martes a sábado ás 11.45 horas (mañás) e ás 18 horas (tardes). E os domingos hai unha visita programada para ás 12 do mediodía.
Desde o Espazo Caritel engaden que “paara grupos ou persoas interesadas en visitas fora do horario establecido, póñanse en contacto previamente con nós. Información e contacto: Teléfonos 982132694 // 659773916 e espazocaritel@gmail.com”.
O Concello de Foz inaugura este venres, día 21, a exposición Detrais de muinheira de interior, sobre o videoclip gañador nos premios Mestre Mateo deste ano.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a mostra conta con 15 fotografías nas que se ve a realización do videoclip que foi gravado en parte no edificio do CENIMA. Foron realizadas pola fotógrafa da Mariña Sabela Blanco. Tamén se poderá ver o premio conseguido pola obra. Para a realización deste traballo o director, Xaime Miranda, contou con múltiples artistas mariñáns, entre eles a focega Lucía Ramiro; e tamén a poboación local colaborou no vídeo, entre eles a agrupación cultural O Feitizo”.
A exposición poderá verse dende o venres 21 e ata final de mes no CENIMA en horario de 9 a 14 e de 18 a 20 horas.
Para amenizar...
leer másA Concellería de Normalización Lingüística de Foz continúa a convidar a todos os veciños e veciñas, nesta ocasión aos residentes e usuarios do centro socio sanitario do concello, a celebrar a publicación de Cantares Gallegos. Este ano conmemoramos o 158 aniversario da publicación desta obra. Co gallo do día de Rosalía no Concello de Foz, en colaboración coa Fundación Penzol e a Biblioteca Pública Neira Vilas de Vigo, exhibimos as reproducións das portadas das distintas edicións internacionais de "Cantares Gallegos". A partires do 17 de maio a Concellería de Normalización Lingüística pon a disposición esta mostra para o uso restrinxido dos usuarios do Centro de día e residencia de Foz.
Ademais os actos compleméntanse coa exhibición no Cenima ata o 25 de maio en horario de 9 a 14 e de 18 a 20 horas da exposición que celebra o día dedicado...
leer másA Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades desenvolvidas no programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, e coa colaboración co Concello de Mondoñedo, inaugura a exposición Os Camiños de Carlos Casares o 15 de maio ás 12.00 do mediodía no Pazo de San Tomé, sito na rúa Julia Pardo Montenegro nº 13 de Mondoñedo.
A exposición, que está destinada a todos os públicos, permanecerá aberta ata o día 30 de maio, de luns a venres en horario de 9 a 15 horas. Recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe.
Xurxo Lobato é membro da Academia Galega de Belas Artes, premio Artes Plásticas Cultura Galega 2020, e premio Ortega y Gasset de El País, 2003.
As citas e textos...
leer másDentro das actividades programadas para a celebración do 75 aniversario do centro educativo focense Nosa Señora do Pilar está aberta ao público no CENIMA, de Foz, unha exposición fotográfica que “pretendemos que supoña unha profunda ollada gráfica á historia do noso colexio e na que poderán gozar de centos de imaxes relacionadas coas persoas e lugares que formaron e forman parte dos 75 anos de existencia do noso centro”, explican os organizadores. Esta mostra estará aberta durante todo o mes de maio.
Ademais este mércores, 5 de maio, haberá unha charla sobre os 75 anos de historia do colexio O Pilar a cargo de Antón Niñe, estudoso que é gran coñecedor da traxectoria deste centro educativo focense. Será ás 20:00 horas na Sala Bahía. Debido á situación sanitaria na que nos atopamos o aforo é moi reducido e polo tanto a este acto só se poderá...
leer másPresentouse no Pazo de San Marcos “Xela Arias. A poesía do retrato”, un proxecto expositivo que presenta textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil entre 1988 e 2001.
A mostra, que se complementa cun libro catálogo, é o eixo central das actividades organizadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo polas Letras Galegas. Concebida para espazos exteriores e cun formato adaptado á itinerancia, inaugurarase o vindeiro 1 de maio en Sarria e exporase despois en Lugo, Chantada, Monforte, Viveiro e Ribadeo.
A exposición consta de 20 imaxes en branco e negro que dialogan con cadanseu texto poético, dando lugar a unha potente interacción entre a fotografía e poesía. A colección de imaxes, que se amplía ata as 53 no catálogo que acompaña a mostra...
leer másHoxe ábrese na ova Oficina de Turismo, de Ribadeo, a exposición titulada O traxe festivo da muller aldeá, nas terras de Lugo. Poderase visitar ata o sábado, día 24, en horario de 12:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas de martes a sábado. A entrada é gratuíta.
A mostra está organizada por El Progreso coa colaboración do Concello de Ribadeo, Traxandaina, Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia.