As Vacas Fracas
05/02/2025
Ribadeo acollerá este domingo, día 9 de febreiro, no Pavillón Municipal da rúa Alfredo Deaño unha clase de iniciación á danza organizada pola asociación ribadense As Vacas Fracas e que correrá a cargo de Ana Uría e Xacobe Paz.
Esta actividade desenvolverase de 17:30 a 21:00 horas e para participar hai que inscribirse previamente.