Concursos
El 29 de septiembre tendrá lugar en Sante (Trabada) el II Concurso de Puzzles.
La actividad, que dará comienzo a las 11:30 horas, se desarrollará en el polideportivo de Sante. El concurso consistirá en el montaje por parejas de un puzle de 500 piezas en dos horas.
Las personas interesadas pueden inscribirse en aepuzz.es, las plazas son limitadas, y obtener más información en info: hola@doctorpanush.com. El coste de la inscripción es de 18 euros por pareja con un descuento de 3€ para socios de AEPUZZ.
Organiza esta actividad Dr. Panush con la colaboración de la Asociación de Vecinos de San Julián de Sante y AEPUZZ (Asociación Española de Puzzles) y el patrocinio de Ravensburger.
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a Luisa Villalta, a Delegación de Cultura do Concello de Xove convoca dous concursos, un literario e outro de artes plásticas, destinados a rapazas e rapaces do municipio de Xove, desde 4º de Infantil ata 4º da ESO.
Os obxectivos son apoiar o uso, a lectura e a expresión en lingua galega e estimular a creatividade dos/as máis xoves do municipio. Poderá participar no concurso calquera rapaz/a en idade escolar e empadroado/a no concello de Xove. O cartel do concurso, xunto ás bases e a ficha de inscrición poden consultarse na web do Concello de Xove: www.xove.es
Os traballos deberán presentarse xunto á folla de inscrición na Biblioteca Municipal de Xove antes do 10 de maio. O fallo do xurado darase a coñecer oportunamente para que as...
leer másO Concello de Burela celebra que o programa ‘El Grand Prix del Verano’ seleccionase o municipio para participar na súa edición de 2024.
Burela convértese deste xeito nunha das 14 localidades de toda España elixidas para participar no mítico concurso de Televisión Española. Competirán en 7 eliminatorias, dúas seminifinais e unha gran final.
Despois dunha exitosa edición o pasado ano liderando a súa franxa, o ‘GrandPrix’ volve este verán. Burela será a encargada de representar a Galicia neste concurso.
Con este motivo, mañá, sábado 20 de abril, o equipo do programa visitará a praza do Concello para a realización dun vídeo, a cuxa gravación ás 13:30 está convidada toda a veciñanza.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca “a alegría que supón que o noso municipio estea presente...
leer másO Concello de Burela está a organizar diversas actividades con motivo do Día da Eliminación da Discriminación Racial, que se celebra o 21 de marzo.
Despois da actividade A Oca da Inmigración, que o pasado venres foi levada ata o CEIP Virxe do Carme e o CEIP Vista Alegre, o Concello presenta agora o X Concurso 21 de Marzo: Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.
Este certame esta impulsado dende as áreas de de Inmigración, Cooperación e Integración do municipio en colaboración co Centro de Educación Medioambiental Gaia.
O pasado luns publicouse no BOP a convocatoria do mesmo, na que destaca que o formato dos traballos que os participantes poden presentar será totalmente libre, co obxetivo de dinamizar e aumentar a participación.
As persoas interesadas en...
leer másO Concello de Viveiro, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), organiza concursos de fotografía e de debuxo escolar, conmemorativos do Día Internacional da Muller. O prazo para presentar os traballos remata o 8 de marzo.
Por unha parte está o Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres, dirixido a fotógrafos/as afeccionados non profesionais e que sexan maiores de idade. “A temática das fotografías debe ser a muller e o traballo en calquera ámbito da vida, tanto público como privado, para visibilizar e concienciar sobre o papel da muller en todos os sectores da nosa sociedade”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Convocouse tamén o Concurso de Debuxo Escolar Mamá Traballadora, dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Viveiro. “A...
leer másO carteiro real visitará Ribadeo o vindeiro 29 de decembro. Farao da man da Comisión da Cabalgata de Reis e de Acisa. O colectivo empresarial anima a veciñanza e visitantes a facer as súas compras de Nadal no comercio local.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “xa estamos de cheo no Nadal, e polo tanto é un bo momento para anunciar algunhas novidades que tiñamos gardadas para estas datas como é a visita do Carteiro Real a Ribadeo o vindeiro 29 de decembro e un concurso fotográfico nas redes sociais, que poñemos en marcha mañá mesmo, e aproveitamos para lembrar todo o que Ribadeo ofrece nestas datas, nas que animamos a facer as compras no comercio local e a gozar da hostalería da nosa vila”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comentou que “o Carteiro Real estará esperando aos pequenos e pequenas no...
leer másDebido al grave incendio ocurrido en Trabada los organizadores deI primer Concurso de Puzzles de Sante decidió posponerlo para el 22 de octubre, domingo.
La organización explica que “el concurso consiste en montar, por parejas, un puzle de 500 piezas en un tiempo máximo de 2 horas. Ganará la pareja que acabe antes el puzle. Si no acabara ninguna la vencedora será la que más piezas haya puesto. Para el cómputo de piezas encajadas, contarán las islas de tres o más piezas. Al finalizar el concurso se hará entrega de los premios a las tres primeras parejas clasificadas y, además, habrá un sorteo entre las personas participantes. Todas las parejas se llevarán el puzle del concurso”.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un concurso co gallo do Día das Letras Galegas. O certame terá dúas modalidades: unha de narrativa (relatos curtos) e outra de debuxo.
Na modalidade de narrativa os traballos deberán estar en lingua galega e a temática será libre. A de debuxo terá unha temática libre e as obras deberán estar feitas nunha cartolina tamaño DIN A4. Se ten algún tipo de texto deberá estar en galego.
Haberá catro categorías: ata 5 anos, de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos. E entregaranse premios para os mellores traballos de cada modalidade e categoría.
O prazo de presentación das obras remata o día 20 de maio de 2022.
Os participantes deberán cubrir unha folla de inscrición para cada traballo que presenten e...
leer másUn ano máis a Concellería de Cultura de Alfoz organiza o concurso de postais de Nadal. Dirixido a todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz que se dividirá en 3 categorías: Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria e 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.
BASES:
1.- Poderán participar tod@s @s rapaces/as que estean matriculad@s no CEIP Castro de Ouro de Alfoz.
2.- Establécense tres categorías que se corresponden cos agrupamentos existentes a día de hoxe:
• Infantil
• 1º grupo de Primaria (1º, 2º e 3º curso)
• 2º grupo de Primaria (4º, 5º e 6º curso )
3.- As postais estarán relacionadas con motivos do Nadal. Quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social (racista, sexista, xenófobo, etc ) ou sexan ilegais.
4.- Non se aceptarán postais que teñan algún tipo de...
O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá este domingo, día 10 de outubro, concursos morfolóxicos, exposición e carreiras de cabalos de pura raza galega. Estas actividades están organizadas polo Concello de Lourenzá en colaboración coa Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA).
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anunciou que “este domingo, 10 de outubro, o Concello de Lourenzá e PURAGA van celebrar no recinto feiral o primeiro concurso morfolóxico oficial de cabalos de pura raza galega e tamén unha exposición cabalar. Ademais do concurso de cabalos, eguas e poldros, haberá carreiras de cabalos do país de andadura serrada e chapeada. Esta xornada estará animada polo grupo de música tradicional Souto Xímaro e tamén se poderá degustar o polbo nas dependencias da feira laurentina”.
A...
leer más