Eventos

Etiquetas:
13/03/2016
O 16 de marzo remata o prazo de inscrición no campamento de primavera que organiza Chao de Castro-Altair de Burela. A actividade terá lugar do 20 ao 22 de marzo en Ourol.
 
Ata o vindeiro 16 de marzo está aberto o prazo para se inscribir no campamento de primavera que organiza o grupo de educación nos tempos libres Chao de Castro-Altair de Burela. Está dirixido a nenas e nenos de 7 a 17 anos os días 20, 21 e 22 de marzo de 2016 en Bravos-Ourol.O custe da actividade é de 38 € para non soci@s, incluindo cota do mes de abril para quen queira continuar na asociación e 25€ para os soci@s. "Haberá reunión informativa coas familias interesadas o 14 de marzo ás 20:30 horas na Casa da Xuventude de Burela", explican desde a organización. 
 
Dentro das actividades periódicas semanais de Chao de Castro-Altair, o grupo ofrece este campamento a todas as persoas interesadas en coñecer as súas actividades e o seu...
leer más
Etiquetas:
07/03/2016
A Semana Santa de San Martiño, en Foz, iniciará os seus actos o vindeiro 19 de marzo co pregón que pronunciará Antonio Rodríguez Basanta, administrador da Diócese de Mondoñedo-Ferrol.
 
Os actos da Semana Santa de San Martiño, de Foz, que se presentaron o pasado sábado, principiarán o próximo 19 deste mes. Ese día, Sábado de Paixón, ás oito menos cuarto da tarde, terá lugar no Centro Social do Caritel a recepción na honra das autoridades, confrades, convidados e veciños. Ás oito na Basílica de San Martiño dará lectura ao Pregón da Semana Santa Antonio Rodríguez Basanta, administrador da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. A continuación terá lugar a apertura dunha nova edición da Semana de Música Xosé Alonso a cargo do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e seguidamente ofrecerá un concerto a Coral Polifónica de Foz. Nese acto farase entrega dos pergamiños de confrades de honra da Confraría do Desencravo a María Mónica Irimia Labrada, José Ramón Vila Otero e Ramón Sánchez Martínez. Posteriormente terá...
leer más
Etiquetas:
06/03/2016
Ata o 16 de marzo o público vota en facebook para elixir a imaxe preferida da Mariña. En breve se coñecerán as propostas gañadoras do Festival Imaxina 2015, que organiza a Fundación Indecum.
 
Desde a Fundación Indecum sinalan que "xa queda menos para coñecer a identidade das propostas gañadoras do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015. Antes de saber a decisión do xurado, coa presenza do padriño desta edición, o artista burelao Davixiño, ademais do realizador audiovisual Manuel Gil, o voto do público en Facebook tamén resolverá outro dos premiados. Todo aquel que así o desexe poderá escoller a súa imaxe preferida da Mariña dando ‘Gústame’ no perfil da Fundación Imdecum ata o mércores 16 de marzo a medianoite. A fotografía con máis votos tamén resultará premiada cunha cámara dixital compacta".
 
Fotografía e vídeo
 
Na iniciativa audiovisual da Fundación Imdecum, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o alumnado da Mariña puido dar renda solta á súa creatividade a través dun...
leer más
Etiquetas:
05/03/2016
O Concello de Burela organiza varios actos para celebrar o día internacional da muller. Serán os días 8 e 10 de marzo.
 
O Concello organiza varios actos durante a vindeira semana para conmemorar o día internacional da muller. O martes, 8 de marzo, no salón de plenos ás sete da tarde haberá unha actuación do grupo Batuko Tabanka e ás sete e media o alcalde, Alfredo Llano, lerá un manifesto conmemorativo. 
 
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, sinala que “queremos contar ese día coa actuación de Batuko Tabanka, un grupo formado integramente por mulleres inmigrantes, residentes en Burela, e que son un claro exemplo de integración e de conciliación da vida laboral e familiar, así coma embaixadoras da súa cultura e da conservación dos seus costumes”. 
 
O xoves,...
leer más
Etiquetas:
04/03/2016
Alfoz homenaxea ás mulleres este domingo, 6 de marzo. Haberá unha ofrenda floral e a lectura duns versos, a cargo de Carmen Geada.
 
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro dia 8, este domingo, día 6, Alfoz homenaxea ás mulleres cunha ofrenda floral que terá lugar a partir das once e media da mañá no Castelo de Castro de Ouro. O acto está organizado por Veciños de Alfoz. 
 
Con este acto preténdese “honrar a todas as veciñas que loitaron pola nosa terra e por aquelas que están a loitar hoxe polo futuro de Alfoz” segundo se sinala desde a organización. A Concelleira de Igualdade e Benestar, Carmen Geada, lerá uns versos e posteriormente depositaranse doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo de Castro de Ouro como símbolo de paz correspondendo aos doce meses do ano.
 
Etiquetas:
29/02/2016
Viveiro celebrará o Día da Muller Traballadora o 6 de marzo cunha andaina adicada á figura de Maruja Mallo.
 
O Concello de Viveiro a través da súa Concellería de Cultura, Muller e Xuventude, celebra este 6 de marzo os actos con motivo do Día da Muller Traballadora que se conmemora o día 8.
 
Este domingo, día 6, terá lugar a Primeira Andaina “Día da Muller Traballadora” adicada á figura de Maruja Mallo. A saída será ás dez da mañá de Portochao e o percorrido discurrirá polo Paseo Fluvial do río Landro, Xunqueira, Paseo Marítimo e rematará na Praza Maior.
 
Rematada esta andaina a Alcaldesa, María Loureiro, descubrirá as dúas placas que dan nome á rúa Maruja Mallo. Ademais repartiranse chapas conmemorativas do acto.
 
Etiquetas:
29/02/2016
O Concello de Lourenzá programa actos para conmemorar o Día da Muller o 8 de marzo. Un deles é unha homenaxe á veciña de San Adriano Felicitas Valiña.
 
O Concello de Lourenzá programa actos para conmemorar o Día da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo, martes. Un deles é unha homenaxe á veciña de San Adriano Felicitas Valiña Andía. As actividades foron presentadas hoxe pola alcaldesa, Rocío López, e pola concelleira de Benestar Social, Mercedes Dengra. 
 
O programa para o día 8 de marzo en Lourenzá arrancará ás 15:00 horas no salón de actos do Concello cun espectáculo titulado Maxia pola Igualdade a cargo da ilusionista Fani Triana, que está destinado ao público infantil. As 17:30 horas, tamén no salón de actos municipal, terá lugar unha entrevista seguida dunha homenaxe á laurentina Felicitas Valiña Andía, natural da parroquia de San Adriano, que rexentou ó longo de varios...
leer más
Etiquetas:
25/02/2016
O CIM e o Concello de Viveiro organizan unha cea de irmandade para conmemorar o Día Internacional da Muller. Será o 8 de marzo.
 
O Centro de Información á Muller e o Concello de Viveiro organizan unha cea de irmandade para o vindeiro 12 de marzo. Con esta cea  conmemora o Día Internacional da Muller, que se celebra o día 8 de marzo. 
 
A cea terá lugar no Restaurante Louzao a partires das dez da noite.
23/02/2016
La Asociación Cultural Gastronómica de A Pontenova organiza un viaje a Cuenca, Toledo, Guadalajara y Madrid del 29 de febrero al 4 de marzo.
 
La Asociación Cultural Gastronómica de A Pontenova organiza un viaje a Cuenca, Toledo, Guadalajara y Madrid del 29 de febrero al 4 de marzo, que son 5 días y cuatro noches.
 
La excursión incluye: ida y vuelta en autobús, pensión completa en Torrejón de Ardoz con buffet libre y bebidas, visitas con guía oficial a Cuenca y Ciudad Encantada, Toledo, Guadalajara y Madrid, además de las comidas de mediodía de Toledo y Cuenca así como seguro de viaje. El precio es de 265 euros.
 
Habrá salidas desde Viveiro, Xove, Burela, Foz, San Miguel de Reinante, Ribadeo, Tapia y Navia.
 
Los...
leer más
Etiquetas:
23/02/2016
O 19 de marzo celébrase unha nova edición do Mercado de Primavera en Ferreira do Valadouro. A Delegación de Cultura lembra que aínda quedan postos libres para participar nesta cita.
 
Desde a Concellería de Cultura de Ferreira do Valadouro sinalan que “unha das datas máis relevantes culturalmente falando no Valadouro é a celebración do mercado de Primavera que nesta edición se celebra o 19 de marzo. De momento, aínda queda algún posto para o mercado que se vai a celebrar na rúa desde as 10:00 horas e durante toda a xornada. Tamén queda, de momento, sitio para os distintos grupos de cantos de taberna que van amenizar a ruta de tapeo”. 
 
Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 982 57 15 16 de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas así como os sábados de 10:00 a 13:00 horas ou nas oficinas da Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro no primeiro piso da Casa da...
leer más