O Concello de Burela organiza varios actos para celebrar o día internacional da muller. Serán os días 8 e 10 de marzo.

O Concello de Burela organiza varios actos para celebrar o día internacional da muller. Serán os días 8 e 10 de marzo.
 
O Concello organiza varios actos durante a vindeira semana para conmemorar o día internacional da muller. O martes, 8 de marzo, no salón de plenos ás sete da tarde haberá unha actuación do grupo Batuko Tabanka e ás sete e media o alcalde, Alfredo Llano, lerá un manifesto conmemorativo. 
 
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, sinala que “queremos contar ese día coa actuación de Batuko Tabanka, un grupo formado integramente por mulleres inmigrantes, residentes en Burela, e que son un claro exemplo de integración e de conciliación da vida laboral e familiar, así coma embaixadoras da súa cultura e da conservación dos seus costumes”. 
 
O xoves, 10 de martes, terá lugar unha xornada de portas abertas ao taller de risoterapia que se imparte na aula de usos múltiples da Casa da Cultura. A edil socialista explica que “poderán asistir todas as mulleres que así o desexen. Con este taller preténdese axudar a desdramatizar as situacións da vida diaria, desenvolvendo nas persoas un espírito optimista e competitivo, ensinándonos a mellorar a visión de un/unha mesmo/a así como do noso entorno”.
 
E xa o 12 de marzo a Asociación de Amas de Casa Praia da Marosa organiza, en colaboración do Concello burelés, unha misa ás 12:15 e un xantar ás dúas do mediodía.