Eventos
29/03/2016
Múltiples actividades de maxia, música, teatro e letras integran o programa cultural elaborado pola Concellaría de Cultura ribadense para o segundo trimestre que foi presentado hoxe polo edil de Cultura, Farruco Graña, e polo técnico deste departamento, David Díaz.
O responsable de Cultura salientou que é “unha axenda cultural chea de actividades de distinto tipo. Actividades todas elas que se caracterizan por un obxectivo común por parte de toda a Corporación, que fagamos de Ribadeo un lugar agradable para vivir, un lugar polo que dea gusto pasar, pararse a facer unha visita e gozar das distintas actividades culturais que hai. Hai moitísimo, variado e de calidade. Hai moita música, hai teatro, temos como novidade nesta ocasión un...
leer más 24/03/2016
A terceira edición do Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa celebrarase do 8 ao 10 de xullo. Comeza a conta atrás con esta cita alén do tempo.
Desde a organización sinalan que “nesta semana na que tantos viaxeiros e viaxeiras visitan Ribadeo, e na que tantos veciños e veciñas gozan duns días de descanso, o Concello de Ribadeo e Acisa queremos aproveitar a ocasión para presentarmos a terceira edición do Ribadeo Indiano. Despois de dous anos nos que o éxito foi a máis, agora toca afrontar unha nova edición coa ilusión posta nunha celebración que nos dá a coñecer polo mundo adiante e que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán mariñán e galego”.
23/03/2016
O Concello reforza os servizos de Iimpeza, parques e xardíns, información turística e Policía Municipal durante estes días de Semana Santa nos que Ribadeo recibirá a milleiros de persoas.
O alcalde, Fernando Suárez Barcia, manifestou que “estamos a moi pouquiño tempo xa de que principie esta operación saída, que vai traer seguramente tantísima xente a Ribadeo como está traendo nestes últimos anos e que tamén o sector servizos e comercial está á expectativa, dado que por fin despois deste longo e duro inverno como son sempre os invernos, pode ter algunha posibilidade para resarcirse”.
O rexedor asegurou que “desde o Concello de Ribadeo, na medida das...
leer más 23/03/2016
O Concello ven de abrir a súa Oficina de Turismo, en San Ciprián, que permanecerá con horario de atención ao público ata o vindeiro domingo día 27.
A Concelleira de Turismo, Manuela Méndez, anuncia que “o Concello abriu dende onte, martes, a Oficina de Turismo, que está situada no antigo quiosco de prensa do centro de San Ciprián”.
Manuela Méndez engade que “a oficina abrirá as súas portas ata o vindeiro domingo, día 27 de marzo, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas”.
A responsable de Turismo no concello cervense manifesta que “dende o Concello esperamos que sexa unha boa semana para...
leer más 21/03/2016
O vindeiro 2 de abril terá lugar en San Ciprián o XIII Encontro de Palilleiras con 600 participantes. O evento foi presentado hoxe nun acto que contou coa presenza do alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Igualdade, Pilar Armada.
O rexedor municipal salientou que “xa é unha xuntanza de palilleiras que adquiriu unha sona que vai máis alá das fronteiras non só da nosa provincia senón tamén de Galicia. Son moitas as persoas que veñen, mulleres sobre todo, a palillar de Galicia pero tamén moitas doutros lugares, basicamente da veciña Asturias e tamén da zona de León”.
Alfonso Villares engadiu que “este encontro de palilleiras reforza moito a...
leer más 21/03/2016
O Concello, en colaboración coa Aciam de Barreiros e coas asociacións Barreiros Mar e Monte e Luz de Tea, poñen en marcha esta Semana Santa o proxecto Viaxes Culturais, os días 25 e 26 de marzo.
Estas viaxes consisten en rutas guiadas en autobús dirixidas a todas aquelas persoas que desexen coñecer máis profundamente o patrimonio natural e cultural deste municipio de A Mariña luguesa. As Viaxes Culturais realizaranse os días 25 e 26 de marzo, ás 10.00 da mañá.
Segundo explicaron os organizadores na presentación, que tivo lugar esta mañá, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedreo, “esta constitúese coma unha viaxe a través do patrimonio...
leer más 20/03/2016
O colectivo viveirés Pensamento en Sementeira dá comezo á súa programación da primavera de 2016 cunha visita guiada á fermosa paraxe de Santo Estebo do Ermo, en Barreiros.
A excursión, aberta e gratuíta, será o domingo 3 de abril. Un autobús, que sairá desde a oficina de turismo de Viveiro o primeiro domingo de abril ás 9 da mañá, achegará ás persoas participantes a Barreiros. Desde esta localidade mariñá os excursionistas percorrerán a pé e guiados por membros da asociación cultural Irmandade Santo Estevo a fermosa paraxe da fonte de Augas Santas e visitarán os restos da ermida, a fervenza e a fonte de Santa Rosa.
Ao remataren o percorrido a pé, que...
leer más 17/03/2016
O Concello de Cervo organiza diversas actividades para esta Semana Santa destinadas a público de tódalas idades dentro do programa denominado A Carón da Cultura.
A Concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, salienta que “este programa consiste en achegar ao noso municipio diferentes eventos culturais. O Concello estará a carón da música, baile, teatro, lectura, comedia, escritura, debuxo e pintura, entre outras moitas actividades. A Carón da Cultura pretende apoiar e promover o propio do noso concello, atraer e achegar diferentes formas culturais e artísticas aos nosos veciños e de todas as idades”
Dolores García anunciou que “estas actividades...
leer más 17/03/2016
O Valadouro acollerá un ano máis o seu Tradicional Mercado Anual de Primavera o vindeiro día 19 deste mes. Haberá mercado polas rúas de Ferreira con ruta de Tapeo Enxebre e cantos de taberna. Os pasarrúas correrán a cargo de Cé Orquestra Pantasma, A.C. Amado Lar e Festicultores Troupe e haberá actuacións teatrais con Mircromina Teatro. Os asistentes terán posibilidade de dar paseos en poni e a cabalo e os máis peques poderán participar nun certame de pesca infantil. A xornada completarase cos xogos tradicionais a cargo de Xotramu e co concerto que ofrecerá A Troba do Bugallo.
Neste Mercado de Primavera do Valadouro repartiranse premios para os locais comercial e hostaleiro decorados máis enxebre. Ademais haberá zonas para aqueles...
leer más 16/03/2016
A Asociación de Veciños Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza a Festa de Pascua para este 27 de marzo a partir das 14:00 horas no campo da festa de Trasbar.
Os asistentes participarán nun xantar trala misa que será ás 14:00 horas. Haberá sesión vermú e despois do xantar gozarán de baile co dúo Agua Marina. O prezo para os socios é de 12 euros e 15 euros para os non socios. Os nenos de 2 a 12 anos pagarán 7 euros. As persoas interesadas pódense anotar no local social, no correo electrónico da asociación burgodetrasbar@yahoo.es ou comunicándollo a calquera dos socios que compoñen a directiva. O prazo para anotarse remata o día 19 de marzo.