Eventos
05/02/2016
Mañá, sábado, terá lugar en Viveiro o Certame de Alpuxarradas, un dos pratos fortes do Entroido. O evento será presentado por Eduardo Lorenzo e Adrián Silvent. A cita dará comezo ás 20:00 horas.
A venda de entradas será a partir das 19 horas. O prezo é de 2 euros e venderanse catro por persoa.
05/02/2016
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara a segunda etapa do Camiño Norte que celebrará o vindeiro día 13 deste mes de febrerio.
Nesa xornada os participantes percorrerán o tramo entre Villamartín Pequeno e o lugar de Arroxo en Lourenzá que ten unha distancia de quince quilómetros e cun grado de dificultade baixo.
A saída será ás oito e media da mañá do Cantón de Vilanova en Lourenzá e ao remate da ruta haberá un xantar no recinto do Mercado de Lourenzá xunto á Asociación Pasada das Cabras.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes das...
leer más 04/02/2016
O pavillón de San Román de Vilaestrofe acollerá a celebración do Entroido, na que haberá desfile, concurso con premios en metálico e baile. Será o día 13 deste mes, sábado, a partir das dez e media da noite. O evento está organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras coa colaboración do Concello de Cervo e da Asociación de Montes Veciñais de San Román. Na presentación do cartel e do programa de actividades estiveron Raquel Ferreira, en representación de As Espalladoras, e os concelleiros Plácido Pérez Otero, Pilar Armada Carrete e Dolores García Caramés.
Plácido Pérez Otero explicou que o evento “estará amenizado polo grupo Fénix e haberá premios. Para infantís, en individuais o primeiro serán 50 euros; o segundo,...
leer más 03/02/2016
Los organizadores explican que “hemos abierto las inscripciones para todos aquellos que posean un stand y quieran trabajar con nosotros. ¡Atentos!
MARKET: ¿Tienes una tienda de ropa, complementos, discos o una marca con tu propia línea de artículos? ¿Te gustaría estar en el mercado del Resurrection Fest y vender tus productos? El market del Resurrection Fest, es un espacio cubierto donde profesionales del sector venden sus productos. Importantes marcas internacionales, las mejores tiendas de discos con el material más especializado, los complementos más originales año a año se juntan bajo el mismo techo. También hay espacio para aquellas pequeñas marcas que desean darse a conocer y escogen el Resurrection Fest como escaparate...
leer más 03/02/2016
Coa cea de comadres arrinca este venres, 5 de febreiro, o Entroido en Ribadeo. A comisión organizadora anima a participar en todas as actividades previstas ata o 13, xornada na que se celebrará a tradicional Queima.
Desde a comisión organizadora sinalan que “agora que o calendario nos deixou unhas semaniñas para recuperarnos das festas de Nadal toca coller folgos para as xornadas de Entroido. A Comisión de Carnaval de Ribadeo xa ten listos os preparativos. Segundo os historiadores os vestixios máis antigos de Entroido datan de fai 5000 anos cos sumerios e os exipcios, pero esta festividade foise reinventando co devir do tempo ata que cada pobo acadou as súas propias costumes e tradicións. Así, todas as persoas que participen no...
leer más 03/02/2016
Este venres continúan os actos do Entroido programados polo Concello co pregón a cargo de As Sin Xeito. Éste terá lugar as oito da tarde e a partires das oito e media celebrarase o Concurso de Coplas na Sala Bahía.
Un dos pratos fortes do Entroido focense será o Desfile de Entroido que se celebrará a partires das cinco da tarde do sábado. Neste XXXV Desfile de Entroido repartiranse 7.000 euros en premios e ao remate terá lugar unha chocolatada no Campo da Cabana. A xornada rematará cun Gran Baile ás once da noite na Sala Bahía coas orquestas Cinema e Grupo Tekila e entre unha e unha e media da madrugada entregaranse os premios do Desfile.
O domingo,...
leer más 03/02/2016
O Entroido burelés celebra este luns, día 8, a II Festa do Oeste dentro dos actos programados por ACIA Burela. Comezará ás once e media da noite na Praza da Mariña co Bar-Saloon onde haberá un Gran-Rodeo con Toro Mecánico e premios infantil e adultos. Nesta festa haberá ademais premios para os mellores disfraces e o sorteo dunha cesta de Cocido valorada en 150 euros para o que poderán adquirirse as rifas nos locais da Ruta de Tapas.
Durante os días 6, 7 e 8 haberá a ruta “Tapeo de Cocido” con tapas a 2 euros e o sábado, día 6, celebrarase unha Macrofesta na Praza da Mariña a partires das once e media da noite amenizada polo DJ Henry Méndez. As entradas son a 10 euros ou a 8 si se mercan por anticipado.
... leer más 30/01/2016
As localidades de San Ciprián e Cervo acollerán do 5 ao 9 de febreiro diversas actividades para celebrar o Entroido coa colaboración do Concello. Nos dous casos os organizadores premian aos que se inscriban con antelación para participar nos desfiles.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “a asociación Airiños do Xunco e o Concello traballan nos últimos detalles do Entroido de Cervo, no que se mesturan as actividades infantís cos desfiles e concursos de disfraces. En canto ao actos para os nenos e nenas, en Cervo teñen preparado o tradicional playback infantil para o sábado 6 de febreiro ás 18:30 horas na Casa do Concello. O desfile de Cervo será durante o Domingo de Entroido, día 7, dende ás 18 horas, partirá do pavillón do CEIP e discorrerá...
leer más 28/01/2016
O edil de Cultura do Valadouro, Eduardo Chao, sinala que “hai uns días estabamos totalmente inmersos, cos polvoróns e o cava, ás voltas e os regalos que chegaron da man do Apalpador, Papá Noel ou os mesmos Reis Magos… e de súpeto, case sen darnos conta, estamos no tempo do Entroido. Por este motivo este departamento organiza o desfile de Entroido”.
Nesta ocasión a cita é o domingo 7 de febreiro a partires das 17:00 horas con saída da Casa da Cultura cara a Avenida da Veiga, Rosalía de Castro, Andrés López Palmeiro, Avda de Viveiro e José Antonio Ferreiro González ata o pavillón, lugar onde se entregarán os premios do concurso.
As inscricións poden facerse desde o luns 1 de febreiro desde 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas ata o...
leer más 28/01/2016
O vindeiro 7 de febreiro terá lugar en Barreiros o Festival de Entroido, que organizan a Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude.
O Festival celebrarase entre as 17:30 e as 20:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Alí está programado un espectáculo de maxia a cargo de Chrystyan Magic, destinado a todos os públicos. Haberá tamén desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para individuais, parella e grupo e agasallos para todos os participantes. Na tarde festiva haberá tempo para a festa de animación con bailes e imitacións. A esta cita non faltarán os tradicionais cabezudos.