Eventos

Etiquetas:
16/10/2015
O Centro Cívico de Cangas, en Foz, inicia o 24 de outubro a apertura de tempada cunha cea-baile o cargo do Grupo Montreal.
 
O Centro Cívico de Cangas de Foz inicia o 24 de outubro a programación da súa nova temporada cunha cea-baile amenizada polo Grupo Montreal a partir das 20:30 horas. O prezo da cea máis a entrada é de 15 euros e o menú constará de entrantes, churrasco, chourizo criollo e vermello, pan e viño. 
A entrada para que os vaian a partir das 22:30 horas, só ao baile, será de seis euros. Os tickets están xa á venda na cafetería do Centro Cívico ou no teléfono 659 934 587.
O 31 de outubro será o momento para gozar da Orquestra Poceiro. O 7 de novembro pasará polo Centro Cívico de Cangas o Grupo Yucatán, o 14 de novembro volverá o Grupo Montreal e o 21 de novembro amenizará o baile o Grupo Nueva Ola. 
 
16/10/2015
O Concello de Ribadeo ultima os preparativos do XIII Mercado do Nadal, que terá lugar na rúa San Francisco do 5 ao 8 de decembro.
 
Ata o 6 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para participar no XIII Mercado do Nadal, que terá lugar en Ribadeo do 5 ao 8 de decembro. 
Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “o Mercado de Nadal quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño, onde se visibilice o traballo e o talento creativo e innovador dos creadores/as, artistas e artesáns. Nesta edición queremos dar un pulo a novos creadores e emprendementos no eido da artesanía e da creatividade. O noso mercado estará aberto aos artesáns, artistas e creadores nos ámbitos da ilustración, a fotografía, o deseño gráfico, xoguetería, complementos, roupa e deseño doutros produtos en xeral”.
Os...
leer más
Etiquetas:
12/10/2015
Os días 17 e 18 de outubro terá lugar en Burela a Festa Caboverdiana na honra da Nosa Señora dos Navegantes. Está organizada por Rabentola e conta coa colaboración do Concello.
 
A asociación recreativa, cultural para a promoción da cultura e tradicións de Cabo Verde Rabentola en colaboración coa Concellería de Inmigración e Cooperación organizan un ano máis a Festa Caboverdiana na honra da Nosa Señora dos Navegantes. Será a vindeira fin de semana, os días 17 e 18 de outubro. 
O sábado a partir das 18:30 horas haberá actuacións dos grupos de batukadeiras de Burela e Portugal na praza da Mariña e ás 23:00 horas na antiga praza de abastos terá lugar o concerto de Ligemea (con venda de entradas por parte da asociación organizadora). 
O domingo, 18 de outubro, ás 12:15 horas haberá unha misa e posterior procesión na honra da virxe Nosa Señora dos Navegantes na igrexa parroquial e a continuación na antiga praza de...
leer más
Etiquetas:
07/10/2015
O Concello de Cervo organiza o 21º Torneo de Tute, no que poden participar todos os locais hostaleiros, clubs ou asociacións do municipio. Dará comezo o 20 de outubro.
 
O Concello de Cervo organiza a 21ª edición do Torneo de Tute Concello de Cervo, ao que están chamados a participar todos os colectivos do municipio que formen un equipo. Está previsto que a competición bote a andar o próximo 20 de outubro. Foi presentado polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e por Félix Fernández Gómez, que colabora na organización deste torneo dende o seu inicio.
“Un ano máis, e xa van 21 de forma consecutiva, organizamos o campionato de tute Concello de Cervo, actividade que se desenvolve nos locais hostaleiros e asociacións do municipio de Cervo. Neste torneo poderán participar todas aquelas asociacións, clubs e bares ou calquera tipo de local do noso municipio. Cada entidade poderá formar un ou varios equipos, que estarán compostos cada un...
leer más
Etiquetas:
06/10/2015
Este sábado, 10 de outubro, celébrase a XXVIII Feira do Mel do Valadouro, que organiza a Concellaría de Cultura. Haberá exposición e degustación.
 
Este ano 2015, a Concellaría de Cultura de O Valadouro liderada por Eduardo Chao, organiza para o vindeiro 10 de Outubro a XXVIII edición Feira do Mel do Valadouro. “Unha cita na que os numerosos produtores do val expoñen e venden o mel que tanto costa conseguir por culpa da invasión das avespas asiáticas. De todos modos, o mel de Valadouro é un dos meles que conseguiu distintos galardóns nas catas de mel de Galicia”, explican desde o Concello. 
Nesta edición, a feira trasládase á rúa Andrés López Palmeiro, entre A Ponte e a praza de Santa María, e onde se van a poder ver preto dun vintena de postos de mel así como de artesanía variada ... 
A partires da media mañá, vaise ofertar ós asistentes cunha degustación de freixós con mel e...
leer más
Etiquetas:
03/10/2015
As San Lucas celebraranse do 16 ao 20 de outono cun programa atractivo que mestura tradición e modernidade. As feiras e festas de Mondoñedo foron presentadas na Deputación de Lugo.
 
A presidenta da Deputación, Elena Candia, xunto ao presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, presentaron esta mañá no Pazo Provincial de San Marcos as Feiras e Festas das San Lucas 2015, as máis antigas de Galicia, e que se celebrarán en Mondoñedo entre os días 16 e 20 de outubro. 
 
A presidenta da institución, colaboradora das festas, resaltou a importancia destas feiras que se celebran ininterrompidamente dende 1156 e que, polo tanto, deben ter presenza en todas as institucións galegas. “É importante presentalas na capital da provincia, ao igual que faremos noutras localidades, porque nos sentimos orgullos dun evento referente na comunidade”, explicou a tamén alcaldesa de Mondoñedo, que destacou “o atractivo da...
leer más
Etiquetas:
02/10/2015
Teatro, música, exposicións e actividades para o público infantil son algunhas das propostas para axenda cultural de Ribadeo para o último trimestre do ano.
 
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, presentou este mediodía a axenda cultural para o último trimestre deste ano, que inclúe teatro, concertos, exposicións e actividades para o público infantil. O ciclo Músicas Posíbeis traerá a Ribadeo a Caxade, Dora de Maríns e Pres de Cambral e haberá teatro nas parroquias en Piñeiro, Ove e Santalla, entre outras moitas citas.
 
O edil nacionalista subliñou que “vai ser un trimestre con moita actividade, como caracteriza a Ribadeo, destinada a que as xentes que vivimos a longo de todo o ano aquí poidamos seguir gozando da actividade cultural: teatro, música, exposicións, … Seguirá habendo tamén presentacións de libros, que levarán a cabo diferentes asociacións, que xa por elas mesmas na súa...
leer más
Etiquetas:
30/09/2015
Os días 2 e 3 de outubro celébrase a Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, en Xuances.
 
Esta festa está organizada pola asociación de festexos Alto do Cruceiro. Os organizadores din: “antes de pasar a outras cousas, dicir que esta Festa a recuperamos nós despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, concretamente no Centro Social, nun espazo cultural inaugurado o paso ano e que está dedicado a un dos promotores desta festa, Onofre Louzao, falecido hai un par de anos. Este espazo está  ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, a uns 150 metros, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, dicir que a Festa vaise celebrar baixo unha carpa, polo que, de todas todas, imos estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha...
leer más
Etiquetas:
25/09/2015
A asociación Chao de Castro-Altair inicia as súas actividades de lecer educativo os sábados de 16 a 19 horas na Casa da Xuventude de Burela.
 
A asociación Chao de Castro- Altair regresa coas súas propostas de lecer educativo para nenos e nenas entre os 7 e os 17 anos. A programación desenvólvese todos os sábados de 16 a 19 horas na Casa da Xuventude de Burela con accións lúdicas que permiten espertar a creatividade e fomentar a convivencia e o respecto polas persoas e o territorio.  Este mesmo domingo, ás 19 horas, celebrarase unha reunión informativa coas familias na Casa da Cultura de cara ao Campamento de Outono que o colectivo organiza entre o 2 e o 4 de outubro en Ons (Brión).
“Chao de Castro- Altair aporta un espazo para gozar e aprender, espertar a creatividade, as habilidades e destrezas, en contacto coa natureza e o aire libre, baseado na pedagoxía do proxecto e da acción”, explica o seu coordinador,...
leer más
Etiquetas:
21/09/2015
Os participantes no II Rastrillo Popular de Burela, que se celebrará o 27 de setembro, deberán doar un quilo de alimentos ao inscribirse. Á cita poden acudir particulares, pero tamén asociacións.
 
A segunda edición do Rastrillo Popular de Burela, que se celebrará o vindeiro 27 setembro, chega con dúas novidades: unha delas é a petición aos inscritos para que doen un quilo de alimentos non perecedoiros á Despensa de Alimentos de Burela e a outra é que nesta segunda edición poderán anotarse asociacións, algo que non sucedeu una primeira, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil socialista explicou que “está abierta la inscripción para apuntarse a este II Rastrillo Popular de Burela. Se está anotando gente, por lo que me cuentan ya. Queda poquito para inscribirse, hasta el jueves a las doce de la noche”. 
Díaz dixo que “el tope de puestos será de 50. La otra vez tuvimos 18, pero esta vez prevemos tener...
leer más