Sorteo
Hoxe tivo lugar o sorteo da campaña do Día do Pai de Acia Foz-CCA, que repartiu 500 euros en vales de compra.
Os números premiados foron os seguintes: 12.128, que foi entregado en Viajes Rodríguez; 13.610 en Mi Casa; 14.390 entregado en Librería Bahía; 17.128 en Pescadería Coyote; e 25.895 entregado en Pastelería Anduriña. Cada unha das cinco persoas afortunadas recibirá un vale de compra de Acia Foz-CCA por importe de 100 euros. Agora xa poden dirixirse á asociación para reclamar os seus premios.
O sorteo, que tivo lugar esta mañá en Radio Foz, contou coa presenza da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e coa xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.
Acia Foz-CCA agradece “a fidelidade da clientela dos negocios de Foz, aos que acudiron para mercar os...
leer másAcia Foz-CCA sorteará o 24 de marzo 500 euros en vales de compra na campaña do día do pai, que arrincou o 10 deste mes e que se prolongará ata este mércores, día 19.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou na presentación que “aquelas persoas que fagan as súas compras, entre os días 10 e 19 deste mes, por importes superiores a 10 euros nos comercios do CCA están a recibir papeletas para participar no sorteo de 500 euros en vales de compra, que realizaremos o 24 de marzo en Radio Foz. En xogo poñeremos 5 premios de 100 euros cada un deles”.
Paleo lembrou que “no comercio de Foz van poder atopar todo o que precisan para agasallar aos papás, aos Pepes e ás Pepitas. E toca celebrar esta xornada na hostalería local, en familia e cos amigos”.
O director xeral de Comercio,...
leer másO mellor para papa é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo está a desenvolver ata o 19 de marzo. Acisa sorteará tres premios: unha experiencia enoturística en Ribadavia (visita guiada para dúas persoas a Bodegas Docampo con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo); unha experiencia de desconexión de noite e almorzo a escoller entre máis de 1.500 destinos para dúas persoas e unha cea tamén para dúas persoas no restaurante La Solana, de Ribadeo.
As persoas que entre o 6 e o 19 de marzo realicen as súas compras no comercio asociado poderán cubrir as papeletas para entrar no sorteo do día do pai, que terá lugar o día 21 nas instalacións de Acisa Ribadeo. En total repartíronse 9.000 rifas.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “para agasallar,...
leer másAcia Foz-CCA sorteará o 24 de marzo 500 euros en vales de compra na campaña do día do pai, que arrincou o 10 deste mes e que se prolongará ata o 19.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou na presentación que “aquelas persoas que fagan as súas compras, entre os días 10 e 19 deste mes, por importes superiores a 10 euros nos comercios do CCA recibirán papeletas para participar no sorteo de 500 euros en vales de compra, que realizaremos o 24 de marzo en Radio Foz. En xogo poñeremos 5 premios de 100 euros cada un deles”.
Paleo lembrou que “no comercio de Foz van poder atopar todo o que precisan para agasallar aos papás e tamén aos Pepes e ás Pepitas. E toca celebrar esta xornada na hostalería local, en familia e cos amigos”.
Na presentación da campaña do día o pai de Acia...
leer másAcia Foz-CCA sortea 500 euros en vales de compra na campaña do día do pai, que se desenvolverán do 10 ao 19 de marzo.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros nos comercios do CCA recibirán papeletas para participar no sorteo de 500 euros en vales de compra, que realizaremos o 24 de marzo en Radio Foz. En xogo poñeremos 5 premios de 100 euros cada un deles”.
Paleo sinalou que “deste xeito queremos contribuír á fidelización da nosa clientela tamén na campaña do día do pai. No comercio de Foz van poder atopar todo o que precisan para agasallar aos papás e tamén aos Pepes e ás Pepitas”. E engadiu: “e despois toca celebralo, como se merece, na hostalería local, en familia e cos amigos”.
Acia...
leer másA presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “con esta campaña o Ribadeo FC pretende recadar fondos para a súa entidade e Acisa premiar aos gañadores do sorteo con vales de compra para poder usar no comercio e na hostalaría asociados. Para participar é necesario comprar algunha das rifas que dende o Ribadeo FC poñerán á venda esta semana, tras a celebración do Antroido. É importante destacar que os ingresos producidos pola venda das rifas son integra e exclusivamente para o Ribadeo FC. O prezo é de 2 euros. As editadas están numeradas do 1 ao 5.000. Queda reservado á organización o dereito de ampliar o número de rifas editadas para a realización do sorteo en caso de que as ventas sexan exitosas. As rifas poderán mercarse ata o 11 de maio”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “as rifas que se poñen á venda estarán formadas...
leer másHoxe tivo lugar a entrega da cesta sorteada por Acia Foz-CCA na campaña O teu café ten premio, que se desenvolveu do 17 ao 23 de febreiro, enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se celebrou no IES de Foz.
A afortunada foi Fe Rodríguez Rocha, que recibiu o premio de mans do presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, de José Manuel Martínez Yáñez, encargado de CoffeeUrbanRoasters, e de Kathy Navarro, concelleira de Comercio. Trátase dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café. O sorteo tivo lugar onte en Radio Foz. No mesmo puideron participar todas as persoas que tomaron cafés entre o 17 e o 23 de febreiro nos 10 locais de hostalería focenses adheridos a esta campaña.
Acia Foz-CCA organizou O teu café ten premio coa colaboración da Xunta de...
leer másAta o 16 de febreiro segue a campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo, que daba comezo o pasado día 6. A asociación ribadense sorteará dúas ceas para dúas persoas cada unha nos restaurantes San Miguel e Javier Montero e unha noite romántica no Parador de Turismo ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. O sorteo non presencial destes agasallos será o 19 de febreiro nas instalacións de Acisa Ribadeo, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado entre o 6 e o 16 deste mes de febreiro”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “foron repartidas 9.000 papeletas nesta campaña, 1.000 mais que o ano pasado. O sorteo será gravado en vídeo e colgado nas nosas redes sociais de Acisa...
leer másAta o 14 deste mes segue a campaña de San Valentín de AciaFozCCA, que sorteará 500 euros en vales e compra. Ademais do 10 ao 16 de febreiro haberá cóctel e doces afrodisíacos en catros locais hostaleiros.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “na campaña de San Valentín poden participar todas as persoas que realicen compras por importes superiores a 10 euros ata o mesmo 14 de febreiro. Nas tendas recibirán os boletos para o sorteo, que terá lugar o 17 de febreiro a través de Radio Foz”.
AciaFozCCA porá en xogo 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un “para animar as vindeiras semanas nos negocios de Foz”. Os números premiados serán publicados nas redes sociais de AciaFozCCA e na páxina web: www.aciafozcca.com
Paleo...
leer másAcisa con amor é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 6 ao 16 de febreiro. Acisa sorteará dúas ceas para dúas persoas cada unha nos restaurantes San Miguel e Javier Montero e unha noite romántica no Parador de Turismo ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña de San Valentín na que imos sortear dúas ceas para dúas persoas cada unha delas nos restaurantes Javier Montero e San Miguel así como unha estancia dunha noite romántica no Parador de Turismo de Ribadeo. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. Tras a campaña de Nadal e agora que estamos en plenas rebaixas, non nos podiamos esquecer de San Valentín, xa que as parellas de namorados aproveitan para facerse agasallos e...
leer más