As festas de San Pedro en Arante (Ribadeo) celébranse o 28 e o 29 de xuño

A parroquia ribadense de Arante celebrará as súas festas na honra de San Pedro esta fin de semana, o venres 28 e o sábado 29.

As actividades empezarán o venres con churrascada gratis e verbena amenizada polo grupo América SL.

E o sábado haberá misa solemne ás 13:00 horas seguida de sesión vermú amenizada por Jorge El Latino, que tamén actuará na verbena xunto a Antonio Barros.