Viveiro celebra as festas de San Pedro os días 28 e 29 de xuño

Viveiro celebrará as festas de San Pedro este venres e sábado, días 28 e 29 de xuño.

As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e despois haberá verbena amenizada polo grupo Fénix e o dúo Dilema.

E o sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar a procesión e sesión vermú dobre coa orquestra Estelamar e o dúo D´Vicio, que tamén actuarán na verbena.