Argomoso, en Mondoñedo, celebra as festas de San Pedro os días 29 e 30 de xuño

A parroquia de Argomoso, no concello de Mondoñedo, celebrará as festas na honra a San Pedro esta fin de semana, o sábado 29 e o domingo 30 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Fama, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Cover.

E o domingo ás 13:30 horas haberá misa solemne e despois procesión e sesión vermú larga co grupo Lume.