Recital de música e estrea da curtametraxe documental sobre Elías Valiña o 22 de xullo en Ribadeo

O vindeiro luns, 22 de xullo de 2024, ás 22:00 horas, celebrarase na capela da Nosa Señora das Virtudes da Ponte, en Arante, un evento cultural de gran relevancia.

O acto, organizado baixo o título “Elías Valiña polo Camiño do Norte (Ribadeo)”, consistirá nun recital musical seguido da estrea da curtametraxe documental “Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas”. A proxección contará coa presenza do director, Aser Álvarez, e do compositor da banda sonora, Moisés Quintas.

O evento terá unha duración estimada de 50 minutos e será unha velada chea de cultura, historia e música na honra da figura de Elías Valiña, coñecido polo seu traballo na sinalización do Camiño de Santiago coas emblemáticas frechas amarelas.