masonería

18/10/2024

O libro titulado “Galicia y la masonería en el siglo XIX” será presentado en Ribadeo este sábado, día 19 de outubro. Será ás 19:00 horas no Salón dos Alcaldes da Casa do Concello ribadense.

Neste acto participarán o editor da publicación, Antonio Andina Penabad, de Eoditorial; o xornalista Martín Fernández Vizoso; o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez Fernandez; a historiadora ribadense Celia Castro; e o autor do libro, Alberto Valín Fernández.