Propostas
O Hotel Nordés ven de lanzar unha oferta especial de San Valentín para estes tempos de restricións, animando aos seus clientes de Burela a vivir este sábado unha noite romántica inolvidable sen saír do pobo.
Para poder cumprir tódalas limitacións para xuntarse, que están reducidas a só convivintes, o hotel ofrece unha noite especial dos Namorados sen saír da habitación: a parella disfrutará dunha noite completa nunha Habitación Superior, que inclúe botella de cava, cea romántica para dúas persoas e almorzo especial sen saír da habitación, disfrutando ademais das vantaxes de saída tardía na mañá do domingo.
A cea, que tamén disfrutarán na propia habitación, consta de aperitivos de benvida, ensalada morna de polbo e un dos arroces da carta do restaurante, ademais de sobremesa, viño, café e licores. O prezo da oferta...
leer más