Confraría
A Confraría de Pescadores Santiago Apóstol, de Celeiro, cumpriu cen anos de historia e celebrará este centenario cunha exposición conmemorativa e unha serie de actividades que poñen en valor a súa rica tradición pesqueira e a identidade dun dos portos máis emblemáticos do norte de Galicia. Esta acción, financiada pola Xunta de Galicia, o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña - Ortegal, está enfocada á promoción e difusión do patrimonio mariñeiro de Celeiro. A exposición inaugurarase o mércores 20 de novembro ás 11:30 horas no edificio social da confraría e será de carácter permanente. O acto é aberto ao público en xeral e contará con música en directo a cargo de Sons de Celeiro e un showcooking con degustación de pescada de Celeiro, convertendo a xornada nunha festividade que homenaxea a tradición...
leer másCon motivo de celebración do seu centenario, a Confraría de Pescadores de Burela presenta unha nova actividade, titulada Ao Son do Mar, que terá lugar o sábado 21 de setembro ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela.
“A música mariñeira tamén forma parte da nosa cultura marítimo pesqueira e por iso celebramos esta actividade, xa que é unha forma de divulgar tamén o patrimonio cultural da nosa Confraría de Pescadores
Nesta xornada interxeracional dedicada á música mariñeira e da terra, as distintas bandas tradicionais de Burela rememorarannos os tempos do mar en que a música servía de distracción para os nosos vellos mariñeiros e repicaba ao son das ondas a través de acordeón. Nesta ocasión acompañarannos as agrupacións musicais tradicionais de Burela: Banda Santo Inocencio, Acordeonistas Da Mariña Burela, Ledicia SCR,...
Os grupos de teatro e de guitarra da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Vista Alegre debutarán o día 17 de xuño, luns, nun evento organizado pola comisión do centenario da Confraría de Pescadores de Burela. Será ás 19:00 horas na Casa da Cultura burelá.
A obra de teatro que representarán é “A historia dos cen anos da cofradía” e o concerto de guitarra titúlase “Unha marea de acordes”.
“Non te perdas estes dous grandes debuts dos grupos de teatro e guitarra da ANPA do CEIP Vista Alegre, con artistas de entre 3 e 9 anos”, din os organizadores.