Deportes
O grupo de sendeirismo da ACD. Xove clausura o ano de Rutas 2017 cun percorrido polo concello de Xove o domingo, 26 de novembro.
A ruta discorrerá pola senda dos ríos Guilán e Rigueira, recentemente acondicionada, e ten unha distancia de 10´5 quilómetros. A saída será dende o Centro Cívico de Xove ás 10:00 horas, e o regreso ao mesmo punto. Despois os participantes que o desexen xuntaranse nunha comida de confraternidade no restaurante do Centro Social de Palmeiro.
O prezo para participar na ruta é de balde para os federados e 2 euros do seguro de accidentes. O prezo da comida é 11€.
Colabora nesta actividade o Concello de Xove.
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros segue a apostar pola defensa e posta en valor do río Masma. Proba disto é a realización de actividades que a asociación barreirense veu levando a cabo en relación a este enclave natural: o festival Ao Son do Masma, a limpeza do río no marco das accións do “Proxecto Ríos” de Adega, ou a Carreira Popular, que tivo no 2016 a primeira edición. Este sábado, 18 de novembro, terá lugar a segunda edición desta proba deportiva que conta con categorías infantil, adulta e adaptada. Este última pensada para a participación de persoas que, acreditando unha diversidade funcional e opten por non participar na categoría absoluta.
O percorrido da proba absoluta é dun total de 5600m. e discorre na súa totalidade polas beiras do río Masma ao seu paso pola parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos. O punto de saída...
leer másPádel Club Ribadeo organiza de los días 8 al 10 de diciembre la sexta edición del Open de Pádel BeOne.
Se disputará en las categorías 2º y 3º Masculina, Femenina y Mixta.
El precio es 18 euros por categoría y 10 euros más por categoría adicional.
Los premios consistirán en material deportivo y bono BeOne. La inscripción está abierta.
Este 6º Open de Pádel está patrocinado por BeOne Fitness-Sport.
Os Sendeiros de Foz organiza dous andareiros que terán lugar os días 26 de novembro e 9 de decembro.
Os Sendeiros de Foz organiza dous andareiros para os meses de novembro e decembro.
O 26 de novembro terá lugar a ruta Cadramón-Viveiró, que discorre pola Serra do Xistral cunhas espectaculares vistas, se o tempo acompaña, véndose o mar e ata Vilalba e As Pontes. O nivel de dificultade é medio e recomendase levar equipo de sendeirismo. A saída será ás 8:00 horas do Concello. Para participar é necesario anotarse antes do mércores 22.
O 9 de decembro a ruta será pola senda costeira Fuciño do Porco dunha dificultade media. A saída será ás 8:00 horas do Concello,e para participar é preciso anotarse antes do martes 5. En ambos casos o número de prazas é limitado.
O prezo para cada unha destas viaxes é 25 euros para os socios federados, 30€ para os socios non federados e 35 euros para os non...
leer másA asociación Pasada das Cabras de Burela vai realizar o vindeiro sábado, día 11, a décima e última etapa do Camiño do Cantábrico.
Esta ruta ten unha distancia de 15 quilómetros dende a praia de San Román ata O Vicedo. A saída será ás 9:00 horas da estación de autobuses de Burela.
O prezo é de 20 euros para os socios e de 25€ para os que non o son, e inclúe autobús, comida e seguro. Para participar é imprescindible anotarse, e pode facerse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 9 ás 20:00 horas.
A asociación Pasada das Cabras celebrará o día 24 deste mes de novembro, a asamblea anual ordinaria que terá lugar no hotel Palacio de Cristal ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 h. en segunda. Ao finalizar farán a cea-baile anual no mesmo restaurante.
... leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco presentou no Concello de Muraso I Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 5 de novembro.O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.
Rivera Capón remarcou que “a 1º Edición desta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume.Non en vano, compráceme anunciar que xa hai preto de 100 participantes inscritos de toda Galicia”.
... leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou o novo hangar de piraguas do Club Kayak de Foz, que o organismo provincial financiou en solitario con 100.000 euros e que dende comezos de mes xa funciona a pleno rendemento. Fíxoo acompañado polo Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez. No acto tamén participaron o Presidente do Club Kayak de Foz, Nacho Romillo, e o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea García.
Campos Conde lembrou que “fai un ano mostramos o noso firme compromiso para facer posible a construción deste novo hangar de piraguas, nunha clara aposta polo deporte como motor de dinamización social e económico da provincia. E hoxe estamos aquí, de novo, para ratificar este compromiso. Pois o hangar é xa unha realidade, grazas a achega de 100.000 euros...
leer másMañá, 29 de outubro, vaise celebrar a I Marcha de BTT en Xove, organizada polo Club Ciclista Komando Xoviético de Xove.
Dita marcha é a primeira gran ruta que fai dito clube, de reciente creación, e conta co patrocinio do Concello de Xove e varios locais comerciais da zona.
Agora mesmo conta cunha participación de uns 150 ciclistas inscritos, os cales farán unha ruta por varias parroquias do Concello de Xove.
Ás 9:30 horas, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, dará a saída a tódolos participantes na Praza do Concello, que farán un percorrido duns 33 Kms, chegando outra vez á Praza do Concello sobre as 14:00 horas.
Unha vez rematada a proba, disfrutarán todos os participantes dunha comida no Pavillón de Deportes de Xove.
A organización...
leer másLa primera edición de la 15K A Mariña-Banco Mediolanum reunirá el próximo domingo, 29 de octubre, a más de 300 corredores. Así lo ha confirmado esta mañana el director técnico de la prueba, Serafín Martínez, en la presentación llevada a cabo en el CENIMA y en la que también estuvieron presentes los concejales de Deportes de Foz y de Burela, Mercedes González y Ramiro Fernández, el alcalde de Burela, Alfredo Llano, y la responsable de la zona norte de Banco Mediolanum, Ivonne Pousa.
Merchi González confesaba especial interés en la celebración de la 15k A Mariña-Banco Mediolanum por su capacidad para mostrar que “en Lugo también tenemos costa” y“para que la gente pueda descubrir los espectaculares paisajes de la Mariña lucense”. Por su parte, el alcalde de Burela hacía hincapié en la idea de que “el deporte es la mejor manera de dar a...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, prepara un álbum de cromos no que os protagonistas serán os alumnos das escolas deportivas municipais e os membros dos diferentes clubes do municipio.
Así o anunciaron o rexedor Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, que se achegaron ata o pavillón de Cervo onde puideron ser partícipes dunha sesión de fotos.
O rexedor sinalou que ”pensamos neste formato porque nos parece unha forma diferente e orixinal para dar a coñecer e difundir a oferta deportiva do noso Concello, que abrangue multitude de disciplinas”; ao tempo que esta plataforma pretende ser unha homenaxe a todos aqueles, pequenos e maiores, que practican deporte no noso Concello, coa idea de que esa filosofía se transmita entre o conxunto da nosa veciñanza “porque cremos que o...
leer más